Como poden poñerme un tapón na boca para que non cante en galego?

Galina Botnar (1976, Dubasari, Moldavia) é profesora de acordeón na Escola Municipal de Música da Coruña e é a encargada dos arranxos musicais de Pirilampo. Nesta entrevista, como emigrante que fala galego, dá a súa opinión sobre o caso de Jungle World, centro infantil que impide ás profesoras usar o galego no centro.

Como foi a súa toma de contacto co galego?

A raíz de comezar a traballar na Escola Municipal de Música da Coruña. Foi alí cando comecei a abrir os ollos ao galego, porque apenas un ano antes só falaba en castelán. Tamén comecei a descubrir as distintas fonéticas da xente en función do seu lugar, porque non fala igual galego unha persoa de Lugo que outra de Arteixo. Quen me introduciu realmente no galego foi Xosé Lois Seixo –cantante de Pirilampo- pois el aprendeume o significado de moitas palabras. Para facer os arranxos musicais e compoñer a melodía dun poema é moi importante coñecer o fondo da letra. A última música que escribín foi para un poema de Manuel María, “Natureza”, e encólleseme o corazón.

Para saber máis: SERMOS GALIZA