Feliz Samaín!

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta. Samaín é a palabra gaélica para referirse a esta época do ano, pois significa ” fin do verán e principio do inverno”.
Era o período máis importante do ano e a noite do 31 ao 1 a máis perigosa, porque as portas do outro mundo abríanse esa noite e as ánimas dos mortos eran quen de vir visitar o mundo dos vivos.
Os celtas acostumaban poñer, no alto dos muros, caveiras dos inimigos mortos iluminadas, coa intención de afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas. De aí vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos  cabazos.
Esta tradición viaxou cos irlandeses emigrados a América e xurdiu ao outro lado do Atlántico o Halloween
A vella tradición do Samaín, segundo o profesor galego Lopez Loureiro, esténdese por toda a antiga xeografía céltica europea e, no caso do Península Ibérica, por todas as zonas con presenza do elemento céltico. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía con nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense…etc.
O cristianismo adoptou o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, convertindo o primeiro de novembro no día de Todos os Santos e o 2 de Novembro no día de Defuntos.