ABERTOS AO GALEGO!

A Mesa convoca o premio empresarial Abertos ao Galego

O galardón entregarase anualmente a empresas que destaquen polo seu uso normal do galego.

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: A MESA

As cartas de amor son ridículas?

Aquí vos deixo o resultado dos vosos agasallos de amor. Podedes ver unha variación sobre o mesmo tema na vosa páxina ALUMNOAS.

Parécenvos ridículas estas cartas de amor ou, como Pessoa, opinades que finalmente Só as criaturas que nunca escreveram cartas de amor é que são ridículas. ?

Non esquezades que segue aberto o prazo para participar no Certame do Amor (até despois do Entoido). Só tedes que dirixirvos ao ENDLG

DÍA DO AMOR EN GZ

En tempos antigos, o primeiro día do mes de febreiro era moi celebrado nas terras habitadas polos pobos celtas.  Brigantia, Candlemas, Brigid’s day, son algúns dos nomes polos que é coñecida. Derivan do gaélico irlandés  Ambiwolka, que deu en Imbolc.

Despois do frío e gris inverno, a chegada da primavera, da lúa nova e das correntes mariñas asociadas á deusa celta Brigantia, era a época das purificacións co lume sagrado, que propiciaba a fertilidade e o espertar do sol. Era tamén a época dos nacementos dos cordeiros e cando as ovellas producían leite. Brighid ou Brigantia era a protectora dos rabaños.  Os ritos matrimoniais celebrábanse nestas datas e Brighid era honrada, poñendo unha candea en cada habitación ou en cada fiestra da casa.  

Se a Senhora da Luz chorar,

está o inverno a acabar.

Se a Senhora da Luz rir,

está inverno para vir

Co paso do tempo e a mestura da cultura celta co cristianismo, Brighid convertiuse en Santa Bríxida, patroa de Irlanda e a festa das candeas na Candeloria.  

Para os romanos estas datas coinciden coas Lupercales, a súa festa do lume , en honor da fertilidade.

 En Galicia era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. No ámbito agrario, celebrábase o Casamento dos paxariños. Para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera do período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos. Di un refrán que a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa. Considerábase esta festa coma a do amor e do apareamento no reino animal. Por iso hoxe é O DÍA DO AMOR NA GALIZA.  

FONTE: Galicia Espallada

………………………………..

Agora tócache a ti celebrar a Candeloria:

Atrévete a cantar, coma os paxariños, o teu amor nunha carta.

Ou agóchate tras un sms. Xa sabes, algo así com TTXT…

Para inspirarte, olla que cousas escribía o enorme poeta portugués Fernando Pessoa sobre as cartas de amor…

Todas as cartas de amor são
Ridículas.
Não seriam cartas de amor se não fossem
Ridículas.

Também escrevi em meu tempo cartas de amor,
Como as outras, 
Ridículas.
As cartas de amor, se há amor,
Têm de ser 
Ridículas.

Mas, afinal,
Só as criaturas que nunca escreveram
Cartas de amor
É que são
Ridículas.

Quem me dera no tempo em que escrevia
Sem dar por iso
Cartas de amor
Ridículas.

A verdade é que hoje
As minhas memórias
Dessas cartas de amor
É que são
Ridículas.

(Todas as palavras esdrúxulas,
Como os sentimentos esdrúxulos,
São naturalmente
Ridículas).

Podes deixar os teus sms e as túas cartas de amor AQUÍ  ou entrar no Castelo da Lúa ou no Bico da Ría.