De esmorga

Os GUEZOS renden esta homenaxe á obra de Blanco Amor, A Esmorga

Guezos nace en 1999 na cidade de Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. O seu primeiro traballo aparece un ano despois en forma de maqueta, un traballo de corte tradicional con sons moi acústicos do que se chegarían a vender máis de 1.000 copias. Con esta maqueta xa na rúa Guezos lánzase ó directo. Deste xeito percorre unha boa parte da xeografía galega e entra en contacto directo con outras bandas de inquedanzas semellantes. Despois de varios cambios na formación inicial a banda grava o seu segundo traballo en 2004, “Terradentro”. Un disco máis contundente e experimental no que queda patente a súa continua procura dunha identidade propia. Este traballo abriríalle as portas en festivais de tanta sona como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, a Noite do Trasno, o Folkardente ou o Festival Folk de Vilariño, compartindo escenario con Mercedes Peón, Os Cempés, Susana Seivane, Lamatumbá, etc. O 2006 será un ano importante para a banda, que contará co apoio dun público que fará do seu tema “A das Festas” o máis votado no concurso da RTVG “A Polo Ghit”.

FONTE: A REGUEIFA PLATAFORMA

GRAZAS, IRENE!!!!!!!!!!!

Advertisements