O FOTóGRAFO XURXO LOBATO REDESCUBRE A IDENTIDADE GALEGA
CUNHA MOSTRA NA GALERíA MORET ART
Dúas décadas despois de amosar as series fotográficas Jalisia sitio distinto e Jalisia terra nai, Xurxo Lobato recupera ese interese por retratrar as romarías e as festas populares de Galicia. O resultado é Jalisia is my country (Galería Moret Art, A Coruña ata o 4 de marzo) na que Lobato asegura “quixen retratar unha determinada Galicia, a que está a medio camiño entre o rural e o urbano”.
Sobre esta foto, O PANO, comenta: “Unha señora de costas, unha camisa de cadros… é unha foto evocadora que evoca a moda galega. ¿Por que os deseñadores de Zara, Roberto Verino e Adolfo Domínguez non van ao Corpiño? Porque o que vexa esa foto entenderá perfectamente o que é a moda galega”.
PARA SABER MÁIS: CULTURAGALEGA.ORG