25 de abril, revoluçao dos cravos

Grândola, vila morena

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade Grândola, vila morena
Terra da fraternidade

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira Grândola a tua vontade

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade

Letra e Música de José Afonso

O medo á soidade

Maremagnum

El caminante sobre el mar de nubes O camiñante sobre o mar de nubes, Friedrich

Hai un momento nos días de verán no que o tempo se detén. Somerxida na atmosfera pesada do azul, podo sentir a máis auténtica soidade. A soidade de non oír nada, de non ver nada, e só sentir unha fría corrente de auga rozando a pel. Cos ollos pechados con forza e a mente en branco, esa corrente semella traer o frío da soidade máis profunda do mundo. Entón entendo que é ese tempo detido o que me afoga. E desexo que todo estoupe para saír fóra, para subir á superficie, e non sentir o tempo parado nesa soidade que me invade e que semella non acabar nunca.

Hai moita xente que lle ten medo á auga. Que lle dá pavor o simple feito de que o seu corpo se poida somerxer nesa profundidade descoñecida. Que lle aterroriza sentir a soidade fría…

View original post 442 palabras máis

As linguas, cuestión de dereitos

1518778713_913024_1518780502_noticia_normal_recorte1Aproximadamente un 40% da cidadanía vive en comunidades con máis dunha lingua oficial. Sen contar cos que viven en comunidades con linguas sen estatuto de oficialidade (Asturias, Aragón, Castela e León, Extremadura, Ceuta, Melilla) ou os miles de inmigrantes que enriquecen a diversidade lingüística.

En España, por tanto, unha parte moi relevante da poboación ten a sorte de comunicarse habitualmente en máis dunha lingua. Sorprende que esa riqueza sexa vista como unha agresión e que certos partidos políticos queiran prohibir o seu uso na esfera pública. Lexislar para garantizar a ignorancia parece o novo argumento de campaña. Isto choca frontalmente co mandato do artigo 3 da Constitución que obriga á protexer todas as linguas e acada comunidade a regular o seu uso, e así o deixou sentenciado o Tribunal Constitucional.

Ergo, é impropio de “constitucionalistas” privar dos seus dereitos lingüísticos aos falantes das outras linguas oficiais. Entre eses dereitos está que a Administración fale cos cidadáns e coas cidadás a través de servidores públicos lingüísticamente competentes. Trátase dun labor de atención á cidadanía e non do exercicio caprichoso dunha liberdade baseada na imposición das propias preferencias lingüísticas. Os empregados públicos e as comunicacións administrativas nas comunidades bilingües están condicionados a facilitar os dereitos dos cidadáns e das cidadás, polo tanto a atendelos na lingua que estes elixan. O TC deixouno claro na Sentenza 46/1991.

O ensino é o primeiro paso para construír unha cidadanía capacitada para exercer os seus dereitos. Aí é onde hai que garantir a igualdade de oportunidades.  enseñanza es el primer peldaño para construir una ciudadanía capacitada para ejercer sus derechos. As distintas comunidades autónomas seguiron modelos diversos, uns máis exitosos que otros. Así o advirte reiteradamente o Consello de Europa, cuxos informes sobre o (in)cumprimento dos compromisos ratificados na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias loan os resultados do modelo catalán e sinalan a ineficacia de sistemas, como o galego, con presenza reducida da lingua propia.

Habería que preguntarse por que, nun Estado con case a metade da súa poboación bilingüe, esta realidade está ausente nos medios ou considérase unha extravagancia que as institucións centrais (de todos) acepten un escrito ou declaración nas outras linguas oficiais.

As linguas abren portas ao mundo. O monolingüismo é a excepción nas sociedades actuais.

ARTIGO DE ALBA NOGUEIRA: EL PAÍS

celtia.org

Para o Día da Ciencia en Galego deste ano, que coincide co Ano Internacional da Táboa Periódica, propuxeron como homenaxeados a Mendeleiev e a Luís Liz Marzán, director do Centro de Investigación Cooperativa en Bíomateriais, CIC biomaGUNE, e porque está a traballar en nanotecnoloxía.

Este ano tamén se celebra o ano internacional das linguas indíxenas e, por esa razón,  celébrase a primeira lingua de Galicia, a celta, tal e como nos contan aquí, en celtia.org, desde Igaciencia. Iso está escrito na toponimia galega.

Con respecto ás linguas, o homenaxeado é Chomsky, un lingüísta creador da gramática xenerativa que dá pé para abordar moitas outras temáticas máis estritamente científicas como as linguaxes de programación, as análises de ADN, a lingüística computacional ou mesmo abordar un dos problemas máis importantes da Ciencia, se o cerebro e a consciencia xiran arredor da linguaxe,  como xeradora da mente.

O outro homenaxeado é Manuel Murguía, un dos poucos prohomes que si creía  e defendía a nosa ascendencia celta.

PALABRAS CELTAS NO GALEGO