25N. Máis alá da violencia machista existe unha vida digna para as mulleres

o-muroAo longo do mes de novembro o alumnado colaborador da Biblioteca, o alumnado de Ciclo Medio e de 1º de Bacharelato estiveron recollendo e compartido malas noticias arredor da violencia machista.

Posteriormente, os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato servíronse da obra de Carlos Negro, Masculino singular, para encher o centro de poemas en distintos soportes, pero todos contra o machismo.

Ademais, ao longo da semana pasada, nas aulas de 1º de Bacharelato-A, elaboraron o Manifesto contra o machismo deste 25 de novembro de 2016, tomando como molde o manifesto máis famoso da Literatura Galega, o Máis Alá! do poeta rianxeiro Manuel Antonio.

Finalmente, hoxe, asistimos a clase de loito polas mulleres asasinadas e a corporación municipal trasladouse ao noso centro para facer seu o noso manifesto e asistir á lectura de textos e á proxección de material audiovisual creados polo alumnado.

Foi un longo traballo. A causa merecíao. Se serviu para crear conciencia crítica e reaccionar ante calquera forma de machismo, dámonos por satisfeitos os departamentos implicados no proxecto (Equipo de Normalización Lingüística, Biblioteca, Lingua Galega e Literatura, Ciclos FP e vicedirección).

A tod@s @s que participastes e, especialmente, a tod@s @s que vos involucrades cada día na loita contra a violencia machista, GRAZAS!

Se queredes ver o resultado do proxecto, podedes facelo neste blogue: https://25novembro.blogspot.com.es/

25N. Máis alá da violencia machista existe unha vida digna para as mulleres

Narf

ADEUS

   Antre a calima
traspondo o meu ollar
esquivou-se o velamio
Deixou-nos a badía
chea d’a sua ausenza
e a mañán sin perspeitiva

     Agora en terra
arredado de mín mesmo
por un oucéano de singladuras
o vento da Ría
vai virando a folla de cada emoción

    -O Sol indiferente
Sirena augardentosa d’os vapores

un retrayo de fume
n-o rompeolas d’a paisaxe
As engranaxes d’a grua
esmoen a mañán morna-

     Debaixo d’os meus pasos
xurde o ronsel d’a Vila natal
Ela c’os seus brazos cheos de sono
teima salvar-me d’un naufraxo antigo
E os meus ouvidos incautos
queren dormir n’o colo
d’as cantigas vellas

      Eu cacheaba todol-os segredos
d’as miñas mans baleiras
porque algo foi que se perdeu n’o Mar

     … alguén que chora dentro de mín
por aquel outro eu
que se vai n-o veleiro
pra sempre
coma un morto
c’o peso eterno de todol-os adeuses.

Maruxa Mallo e as mulleres da xeración española do 27 tamén foron esquecidadas nun mundo de homes

A Historia foi escrita polos homes. As mulleres fomos borrados desa historia masculina plural. Por iso dicía Simone de Beauvoir que o problema das mulleres sempre foi un problema de homes. A xeración dourada da intelectualidade española, na que se inclúe a pintora galega Maruxa Mallo, a xeración do 27 tamén borrou da nosa memoria a presenza das mulleres nela.

Maruja Mallo, Marga Gil-Roësset, María Zambrano, María Teresa León, Josefina de la Torre, Rosa Chacel, Ernestina de Champourcín o Concha Méndez son algunhas das representantes desta xeración da que só coñecemos popularmente os nomes dos homes: Lorca, Dalí, Cernuda, Juan Ramón Jiménez, Buñuel, Alberti

Trobairitz. Mulleres trobadoras.

Desde Safo, considerada a nai de todas as poetisas, as mulleres foron creadoras de versos e cancións, foron autoras literarias, á par que os homes. A Idade Media deixounos creacións de monxas que compuxeron cantos a Deus. Pero desde o séc. XII podemos atopar nas cortes do amor cortés provenzal  cantoras do amor profano: as trobairitz. Se ben, mentres coñecemos centos de trobadores e xograres, nin sequera dúas ducias de nomes de mulleres lograron fuxir do esquecemento dunha Historiaografía Literaria escrita por homes. Tratábase de mulleres da nobreza que se servían da poesía para expresar os seus sentimentos e. ao mesmo tempo, tomaron as rendas das súas relacións amorosas. A máis famosa de todas elas foi Beatriz de Día , muller de Guillermo de Aquitania, considerado o primeiro trobador. Pero tamén na Escola Poética Galego-Portuguesa atopamos mulleres que participan da arte xograresca, como a galega María Balteira.

Fonte: Historia de las mujeres. Una historia propia, Bonnie S. Anderson y Judith P. Zinsser

PARA SABER MÁIS: