O Códice Calixtino entra na Memoria do Mundo da Unesco

O Códice Calixtino vén de entrar no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco. Este programa ten como obxectivo sensibilizar á comunidade internacional sobre a riqueza do patrimonio documental.

A candidatura do Códice Calixtino da Catedral compostelá foi ademais ampliada coa incorporación de todas as copias medievais do Liber Sancti Iacobi que se conservan.

Cara a 1120-1124 Diego Xelmírez, primeiro arcebispo de Santiago de Compostela, ordena a un grupo de teólogos e ilustradores a compilación do Iacobus ou Libro de Santiago. Esa compilación recibe o nome de ‘Calixtino’ polo interese en simular que o seu redactor fora o papa Calixto II (1116-1124), gran benefactor da Igrexa de Santiago. En séculos seguintes realízanse varias copias completas ou parciais do códice, que reúne a historia da peregrinación a Compostela.

O libro V do Códice Calixtino, escrito a mediados do século XII, está considerado como a primeira guía de viaxes de Europa. 

O autor, posiblemente un monxe peregrino, detense nos lugares, monumentos e xentes que atopa ao seu paso polo Camiño. Describe a cidade de Santiago de Compostela, e especialmente a súa catedral.

FONTE: GALICIENCIA

Save

Advertisements