Rap-E-ando pola igualdade

Este videoclip foi gravado en novembro de 2014, e forma parte do programa de sensibilización social e prevención da violencia de xénero deseñado por DELOGA e polo Concello de Chantada, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e coa colaboración dos centros educativos IES Lama das Quendas e IES Val do Asma. O vídeo foi denominado “rap-E-ando pola igualdade”, co fin de conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O cambio que precisa a sociedade para acabar con esta lacra, non se pode acadar sen a implicación do colectivo xuvenil.