Etiqueta: música
Galeguíza-Te
Para empezar ben o ano!
O que pode un corpo nunca o saberá ninguén
Xa non ía publicar máis nada por este ano; pero, despois do concertazo das Ataque Escampe no guateque de inverno da Gentalha do Pichel, non podo reprimirme e teño que colgar o videoclip de Alma…
Readmirando a condición (Sés)
Narf
ADEUS
Antre a calima
traspondo o meu ollar
esquivou-se o velamio
Deixou-nos a badía
chea d’a sua ausenza
e a mañán sin perspeitiva
Agora en terra
arredado de mín mesmo
por un oucéano de singladuras
o vento da Ría
vai virando a folla de cada emoción
-O Sol indiferente
Sirena augardentosa d’os vapores
un retrayo de fume
n-o rompeolas d’a paisaxe
As engranaxes d’a grua
esmoen a mañán morna-
Debaixo d’os meus pasos
xurde o ronsel d’a Vila natal
Ela c’os seus brazos cheos de sono
teima salvar-me d’un naufraxo antigo
E os meus ouvidos incautos
queren dormir n’o colo
d’as cantigas vellas
Eu cacheaba todol-os segredos
d’as miñas mans baleiras
porque algo foi que se perdeu n’o Mar
… alguén que chora dentro de mín
por aquel outro eu
que se vai n-o veleiro
pra sempre
coma un morto
c’o peso eterno de todol-os adeuses.