Despedimos o trimestre cos creadores de Rianxo

O venres 19 no IES Félix Muriel faremos a presentación do libro “Creadores de Rianxo” elaborado o pasado curso dentro do programa RianxoFala, polos Equipos de Normalización Lingüística do C.E.P. X. M. Brea Segade, C.R.A. de Rianxo e o I.E.S. Félix Muriel e coa colaboración do Concello de Rianxo.

Neste libro recollemos a vida e obra de artistas rianxeiros, de nacemento ou de adopción, nas distintas artes, música, pintura, fotografía, escultura, literatura.. e algúns deles estarán na presentación do vindeiro venres falando con nós e amosándonos a súa obra.

Outra páxina web para a Normalización Lingüística

O instituto da Estrada, IES Manuel García Barros, xa ten web para Normalización. Chámase Manoliño García quere ser NORMAL. Teñen unha sección moi interesante, INFOLINGUA (Así nos vai),  na que recollen os pasos para adiante e os pasos para atrás no proceso de normalización do galego. Para resumir a súa ideoloxía, botan man do refraneiro popular: “camarón que non mexe…”