O filme, rodado en galego, é a ópera prima de Andrés Goteira –Meira (Lugo)–, que corre a cargo tanto da súa dirección como do seu guión e conta na súa repartición cun gran elenco de figuras do audiovisual de Galicia como Antonio Durán ‘Morris’, Melania Cruz, Iván Marcos, Carlos Blanco e Miguel de Lira, entre outros.
Dhogs é unha coprodución de Gaitafilms e PixelFilms e foi filmada en varias localidades de Galicia como A Coruña, Viveiro (Lugo) e As Pontes (A Coruña), así como no deserto de Tabernas (Almería).
A longametraxe conta a historia de varios personaxes peculiares (un taxista, unha bela muller ou un exmilitar) que ven entrecruzadas as súas vidas.