PARA IVÁN…

Advertisements

A máis galego nas aulas, maior comprensión lectora en castelán!

O que xa resultaba evidente de por si quedou de novo ratificado tras o último informe Pisa que analizaba o nivel educativo do alumnado en Galicia e España. Este documento desmonta moitas das teorías defendidas por Galicia Bilingüe e demostra que os alumnos galegos melloraron o seu rendemento alí onde en teoría o ían baixar.

Entre 2006 e 2009, xusto durante o goberno do bipartito e cando o galego aumentou a súa presenza nas aulas, segundo os datos, a educación en Galicia nesa etapa sitúase a un nivel similar á da OCDE ou incluso por riba en competencia científica, mentres que se sitúa por riba da media de España nas tres competencias estudadas. Os resultados son mellores xusto nas materias onde a lingua propia é habitual “desde hai anos” (Coñecemento do Medio ou Bioloxía e Xeoloxía).

O aumento da presenza do galego como lingua vehicular do ensino axudou a mellorar a comprensión lectora en español e non repercutiu negativamente sobre os resultados en matemáticas, materia que daquela era impartida en galego. Destaca tamén o maior dominio do castelán que se dá na maioría de autonomías bilingües do Estado.

FONTE: XORNAL.COM

ablando castellano llo legue a gran ermano

PÁXINA EN YOUTUBE: VÍDEO

PÁXINA EN FACEBOOK:Todos os galeg@s contra Marta de GH

MÁIS INFORMACIÓN: XORNAL.COM

Para aqueles e aquelas que pensades que isto non merece a pena nin lelo nin oílo, que de paletas coma esta é de onde sacan os fachas os argumentos sobre a imposición do galego, teño algo moito mellor:


BICOS CON LINGUA

“Este é un acto de declaración de amor ao idioma, cunha parte reivindicativa, ante tanto desamor que está a practicar o Goberno de Feijóo coa nosa lingua”, dixo onte Carlos Callón na bicada celebrada en Compostela. Até o acto, minguado pola presenza da choiva, chegaron as críticas á minusvaloración do idioma feita por unha moza en ‘Gran Hermano’

FONTE: GALICIA HOXE


A min os BICOS CON LINGUA que máis me gustan (sen contar os do meu mozo) son os do texto de Séchu Sende, que hoxe Lucía trouxo á miña memoria. Aí vai o meu agasallo do Día dos Namorados…

Bicos con lingua – Sechu Sende

Normalmente a primeira vez que outra persoa entra no noso corpo, ou a primeira que nós entramos dentro doutra persoa, é coa lingua. Si, pode ser que antes lle chuchemos o dedo a alguén ou que lle mordamos o lóbulo da orella, mais son as nosas linguas as primeiras que nos exploran por dentro en serio, de verdade. A nosa lingua é unha das principais vías para o coñecemento humano.
Por iso é difícil esquecer a primeira vez que lle metes a lingua a alguén, a primeira vez que unha lingua entra na túa boca. Porque non deixa de ser a primeira vez que lle permitimos a outra persoa entrar dentro nosa. Ao descubrirmos a nosa intimidade, coa lingua expresamos a nosa identidade.

A que non sabías que durante un beixo se moven 29 músculos? E que os batimentos cardíacos aumentan de 70 para 150 e melloran a oxixenación do sangue? Si, o beixo beneficia o corazón. E ademais adelgaza. Nun bo morreo gastamos preto de 12 calorías!
Tamén é importante saber que o morreo é cousa de dous. Un morreo é un diálogo entre papilas gustativas, entre a lingua e o ceo do padal, entre o cuspe e os dentes. E nun diálogo entre dúas persoas hai que dar e recibir, ofrecer e aceptar, avanzar e retroceder, facer ruído e gardar silencio, entrar e saír. Morrear é unha das máximas expresións da comunicación humana.
O proceso de normalización da lingua galega é un proceso comunicativo conflitivo. Os axentes sociais máis críticos denunciamos a ineficaz política lingüística da administración, o desprezo dos media ou a eficacia da escola para desgaleguizar as novas xeracións. É un proceso no que o enfrontamento e a queixa son continuos. A perda dalingua é un drama, abofé. Mais que pasaría se ligásemos o discurso da normalización da lingua ao pracer? Se falásemos desde o discurso da satisfacción e a analoxía do bico? Un pouco de humor tamén é necesario e podemos falar de cousas serias cun sorriso nos labios. Estabamos falando de beixos con lingua…Eis a Guía Sexual da Sociolingüística.

1. Exixamos para a nosa lingua o mesmo pracer do que goza calquera lingua.
2. Se aínda nunca o fixeches busca alguén con quen te sintas cómoda ou cómodo e adiante! Aínda que ás veces facelo con persoas descoñecidas, así de súpeto, resulta mellor.
3. O proceso de normalización é un proceso social que parte de cada persoa e que se basea no intercambio de comunicacións. Podemos facer moitas cousas en solitario…, mais non nos podemos morrear a nós mesmas.
4. Se teu pai e túa nai non che aprenderon nin che dixeron como se fai, non pasa nada… Aínda estás a tempo de aprender pola túa conta.
5. Sobre este tema sempre houbo –e hai– tabús, falsos mitos, pouca información e moita ignorancia… Pasa dos prexuízos doutros tempos e adiante.
6. Hai xente á que lle gustaría probar porque intúen que lles vai gustar mais…, dálles corte! Non te acovardes, desinhíbete e goza coa lingua.
7. Aínda hai xente que pensa que darlle á lingua non é fino e xente que pensa que é un pouco vulgar…. He, non teñen nin idea!
8. A lingua é un instrumento imprescindíbel para relacionármonos, integrarnos, darnos a coñecer e coñecer xente. Sen non usas a lingua fechas portas. Non sexas pechado ou pechada.
9. Pode ser un rollo dunha noite. Ou unha relación para toda a vida.
10. A eficacia da lingua depende da práctica. A lingua mellora co uso. Ninguén nace aprendido!
11. Hai persoas que teñen problemas psicolóxicos que lles impiden darlle á lingua con normalidade. Eses problemas –identificados pola Sociolingüística como diglosia, autoodio…– teñen solución.
12. Hai persoas que teñen problemas ideolóxicos que dificultan ou impiden o uso natural da lingua. Esas problemas teñen máis difícil solución…
13. Isto tamén é un feito cultural. Respecta a cultura da túa sociedade. Se vivísemos no polo norte entre esquimós sería normal dármonos os beixos chocando o nariz.
14. Hai persoas que consideran que a súa lingua é máis útil, máis áxil, máis atractiva e mellor. A ignorancia non ocupa lugar.
15. O morreo, como a lingua, non diferencia ás persoas, é democrático: non debe discriminar por idade, raza, sexo, clase social ou lugar de nacemento.
16. É bo para a saúde e para a túa calidade de vida persoal e social. Unha habilidade necesaria no mundo de hoxe.
17. Hai quen pensa que son as linguas as que lles dan prestixio ás persoas cando realmente somos as persoas as que prestixiamos ou desprestixiamos a nosa lingua. E se nós non valoramos a nosa lingua, quen o vai facer?
A lingua é a mellor forma de descubrirnos e descubrir outras persoas. O mellor é ter como obxectivo vivir a nosa lingua como a nosa sexualidade: de forma libre, satisfactoria, consciente, responsábel e saudábel. Con normalidade!

Da relación da Sociolingüística co sexo oral falaremos noutro momento.

GOZADE COA LINGUA!

Os escritores cargan contra a redución de axudas públicas.

Denuncian a “regresión” na política de investimento por parte da Administración autonómica en “todos os sectores da cultura”, o que “está a destruír o levantado nos últimos trinta anos”. “Con esta política de escandalosa redución nos orzamentos da consellería de Cultura e do seu investimento, que pon as cifras de achegas á AELG en números de hai vinte anos, estase a desfacer o mínimo tecido industrial da cultura en Galicia”, apuntou Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.

O presidente dos escritores tamén fixo unha firme defensa do valor da cultura como investimento na que, apuntou, “todo o diñeiro que se gasta é produtivo, xa que se Galicia existe como identidade e como pobo é por que temos unha cultura e unha lingua diferenciados”.

PARA SABER MÁIS, CLICA AQUÍ: ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA ,

ou tamén aquí: XORNAL.COM

OS ESCRITORES DE CINE PREMIAN O CINEMA “MADE IN GALICIA”

O CINEMA GALEGO ESTÁ DE NORABOA.

As medallas ao cinema español que anualmente concede o Círculo de Escritores Cinematográficos, desde a súa fundación, en 1945, correspondeu, na súa derradeira edición do 2010 a varias coproducións e y profesionais galegos.

Tamén a chuvia, cunha pequena participación de Vaca Films, recibiu sete premios, mentres que Vivir para sempre, coproducida por Formato Producións, acadou o premio ao mellor guión adaptado polo seu director Gustavo Ron. Na categoría de mellor labor xornalístico, o premiado foi Emilio Carlos García Fernández, nacido en Ribadavia, historiador e catedrático de Comunicación Audiovisual na Complutense, autor de numerosas publicacións centradas no cinema, entre elas a  Historia do cinema en Galicia (1896-1984)…

SE QUERES SABER MÁIS, CLICA AQUÍ: LA VOZ DE GALICIA