Inaugúrase en Bos Aires a cátedra Galicia-América apadriñada por Manuel Rivas

Coincidindo coa Feira do Libro de Bos Aires inaugúrase o vindeiro martes 26 a Cátedra Galicia-América na Universidade Nacional de San Martín apadriñada por Manuel Rivas. Con esta xa son tres as cátedras de estudos galegos que operan na cidade porteña.

FONTE DE INFORMACIÓN: SERMOS GALIZA

Advertisements

As voces baixas

  O vindeiro mércores 17 de Outubro, Manuel Rivas presentará nunha libraría da Coruña a súa nova novela, As voces baixas. En palabras de Manuel Bragado, responsable de Xerais, empresa que edita o libro: A obra é o relato dos afáns dos membros dunha familia traballadora –un albanel, unha leiteira e catro fillos, que constrúen a súa vida, primeiro na rúa da Marola do Monte Alto e logo en Castro de Elviña, onde rolan os ventos– é a novela da vida de todos os humildes e todos os anónimos.

Aí queda a presentación que o propio autor, Manuel Rivas, fixo dela…