Todo o ano en galego!

Doce meses e doce tiras de Luis Davila para promover o uso do galego. Así é a iniciativa da Área de Normalización Lingüistica da Universidade de Vigo, que vén de publicar o seu calendario de 2017 cos xeniais deseños do debuxante de Bueu. Esta ducia de tiras fai un calendario onde o humor do artista galego fai mestura cunha reflexión sobre a lingua galega.

FONTE: GCIENCIA

Aquí podes descargar o Calendario 2017 de Davila para a ANL da UVigo