Tras as pegadas de Rosalía

Advertisements

21 de Febreiro, día da Lingua Nai

“A lingua é unha ligazón esencial co noso pasado, o vínculo principal das nosas culturas, e a ferramenta básica para comunicármonos e compartir coñecementos, lembranzas e historia”.

Así o explica o Relator Especial de Dereitos Humanos da ONU Fernand de Varennes no comunicado emitido polo Día da Lingua Materna que, por primeira vez, está en galego.

“A lingua, para moitas persoas, é un dos principais marcadores do centro da súa identidade, e a súa dimensión é un trazo humano único que se debe asumir e celebrar”, comeza o documento, traducido a 27 linguas. Segundo a Mesa pola Normalización Lingüística, que hai unhas semanas mantivo unha xuntanza con Varennes, é a primeira vez que as Nacións Unidas difunden un comunicado en galego.

E faino para conmemorar o 21 de febrerio, Día Internacional da Lingua Materna, establecido pola Unesco en 1999 e recoñecido formalmente pola Asemblea Xeral da ONU en 2008. “Os problemas lingüísticos, con frecuencia, implican importantes dereitos humanos que afectan tanto a minorías como a pobos indíxenas alén dos temas puramente lingüísticos e culturais”.

“Como parte da celebración da riqueza e beleza do tecido lingüístico mundial, é imprescindíbel apartármonos da ideoloxía de que as sociedades e Estados deben ter só unha lingua e excluíren todas as demais, cando isto entra en conflito cos dereitos lingüíticos das minorías e dos pobos indíxenas”, afirma o relator, “o Día Internacional da Lingua Materna é unha oportunidade para promover e celebrar a diversidade lingüística e cultural e para recoñecer e protexer os dereitos humanos das minorías e pobos indíxenas en relación coas linguas”.

FONTE: SERMOS GALIZA

Verán en febreiro

Maremagnum

rufino A fraternidade, Rufino Tamayo

Saio de casa. Frío. Non hai chaquetas suficientes que poidan funcionar de barreira ao aire xélido das 8 da mañá. O sol morno do inverno aloumiña a miña cara, o único lugar do meu corpo sen tapar. Continúo, igual que cada día, vendo como ese tímido sol aínda comeza a iluminar as formas das cousas que observo por riba da bufanda. Penso na primavera que se achega, que xa parece asomar os seus olliños tras as primeiras follas que nacen nas árbores, ou na tímida margarida que sae despois dun longo inverno soterrada baixo a lama. Penso tamén no verán que a segue, no sol, na calor que tanto boto en falta estes días. Pero, ao entrar na facultade, nese mesmo intre de poñer o pé no edificio, de cruzar a porta pesada que tanto odiamos o estudantado de Xornalismo, todo iso que momentos antes imaxinaba…

View original post 380 palabras máis