Galiza na liña 6

Maremagnum

autobús

Nun bus da liña 6 conversan dúas vellas. Unha fala en galego, a outra en castelán. A galego-falante pregúntalle á compañeira de onde é. Esta responde: de Tarragona. Entón a primeira di: ah! alí ao lado de Rianxo!

É curioso o arraigado que está o castelán na nosa sociedade. Non é novidade. Quen nos dera! Pero que, precisamente, unha persoa xa dunha certa idade, que se supón que viviu e falou en galego toda a súa vida, acepte como normal que unha compañeira de Taragoña (supostamente) utilice o castelán, dá ganas de chorar. A miña pregunta é: que estamos facendo mal? Que pasou para que esa señora non se escandalice ao escoitar o castelán en boca dunha posible rianxeira? Pero calma todos, que non cunda o pánico. Era de Tarragona. Menos mal!

É evidente que isto non é sempre así. Que ninguén me malinterprete. De feito, todos aqueles que non…

View original post 408 palabras máis

Vivir e morrer en Terranova

Maremagnum

arbore

Despois de ler O último día de Terranova, de Manolo Rivas

Un soño. Un mundo. Un refuxio. Un fogar. A vida mesma. Iso significa Terranova: a vida mesma. Todos coñecemos un lugar que nos fai sentir seguros, un lugar onde escondernos do exterior, onde poder medrar sen medo, sen problemas. Todos coñecemos un lugar que ten, ás veces, máis vida que nós mesmos. Para Vicenzo Fontana ese lugar é Terranova.

Terranova é unha librería que naceu en plena guerra civil, no verán do 35, cando o avó Antón faleceu e a súa filla Comba materializou o soño que sempre tivera seu pai coa axuda de Amaro, o seu home. Nese soño vive hoxe Vicenzo, o fillo dos fundadores. Pero a vida de Terranova remata na primeira páxina, na primeira liña, na primeira palabra que lemos nada máis abrir a novela: liquidación final. O peche deste lugar provoca que…

View original post 589 palabras máis

O muro de Rosalía

muro ROsalía 80 - copiaNaceu o curso pasado como símbolo dos prexuízos, para acoller o poema de Carlos Negro, O muro, que forma parte da súa obra Masculino singular, da cal nos servimos o curso pasado para abordar a loita contra o machismo no marco do 25N.

Acabou coverténdose no muro de Rosalía e soporte de todas as intervencións realizadas no IES Félix Muriel arredor das datas sinaladas no calendario escolar: día de Rosalía, día da lingua nai, Entroido, día da poesía, día das artes galegas, 25 de abril… Aos seus pés, damos lectura a poemas e manifestos.

Hoxe é xa a icona do noso instituto.