Nerea está orgullosa do galego

Hai varias cousas que son características de min, que me identifican como persoa, cousas que fan de min unha persoa única, pero por sorte hai unha que comparto con máis xente (aínda que por desgraza cada vez ese número é máis reducido). Por iso hoxe máis que nunca é cando eu e máis os demais galegofalantes é cando temos que demostrar que a lingua galega non é unha simple fala de campo ou un dialecto  que só se fala cando se vai á leira a plantar patacas, senón que é unha dos milleiros de linguas hoxe en día existentes, persoalmente , como é a miña, creo que é unha das máis fermosas. O orgullo que sinto de poder falala e de ser galega non se pode describir con palabras.
Creo que debería darlle as grazas á miña familia por aprenderma, ao destino por facer que nacese nesta fermosa terra e tamén a aquel@s que loitaron por mantela sempre viva, como Rosalía, Castelao e todos aquel@s que levaron sempre a súa lingua no corazón pero sobre todo na boca, aquel@s que a pesar dos intentos de facer do galego unha lingua desprezable seguiron loitando polo seu; grazas a toda esa xente que se enfrontou ao ladrón de palabras e non permitiu que llas arrincase. Grazas Galicia, grazas galego!

Saúdos, bo domingo e Feliz día das Letras Galegas!!!!!

Advertisements

Se non queres ser estranxeira na túa patria, comparte o hashtag #17Mqueremosgalego

Unha lingua rica e fermosa, unha lingua coa que se pode facer ciencia e cantar, unha lingua na que

podemos escribir fermosos versos, libros de matemáticas ou facturas de servizos que empregamos.

A nosa lingua. Falémola, amémola, respectémola, defendámola.

O noso idioma, o galego, é a base fundamental

sobre a que nos sustentamos como pobo.

Se deixamos que esa base se estrague, todo canto se apoia nela,

a nosa esencia como galegos e galegas,

abaneará como a terra nun sismo

devastador.

Porque non queremos ser estranxeiras na propia patria,

atopamos motivos abondo para nos mobilizar

este 17M