Resultado do desenvolvemento nas aulas da situación de aprendizaxe arredor de Begoña Caamaño, co traballo realizado polo alumnado para cumprir o reto proposto: elaborar o xornal A voz das artivistas.
Begoña Caamaño
Situación de aprendizaxe arredor de Begoña Caamaño, cuxo reto é elaborar un suplemento literario para A voz das artivistas.
Begoña Caamaño
Para lelo en Calameo, preme aquí: Begoña Caamaño
Para lelo en Scribd, preme aquí: Begoña Caamaño
Para ver, usar na aula e/ou descargar a situación de aprendizaxe en eXeLearning, preme aquí e accede “como persoa convidada”: A voz das artivistas
A voz das artivistas
Situación de aprendizaxe arredor do 8M e do activismo de Begoña Caamaño.
Para lelo en Calameo, preme aquí: A voz das artivistas
Para lelo en Scribd, preme aquí: A voz das artivistas
Para ver, usar na aula e/ou descargar a situación de aprendizaxe en eXeLearning, preme aquí e accede “como persoa convidada”: A voz das artivistas
Mulleres e dereitos
Caderno resultado do traballo arredor dos Dereitos Humanos e as mulleres, realizado polo alumnado de 3ºPDC coa docente Irene Fernández
Para ler en Calameo, premer aquí: Mulleres e dereitos
Guerra ou Paz?
Situación de aprendizaxe na que se achegan numerosas tarefas interdisciplinares de xeito secuenciado, a través das cales se persegue xerar no alumnado unha reflexión arredor dos conceptos de “guerra”, “paz”, “xenocidio” e os seus eufemismos; coa fin de provocar a súa reacción ante as guerras activas no mundo e, en especial, ante o xenocidio en Gaza. O reto consistirá en escribir unha carta á presidenta da Comisión Europea, demandando que a comunidade política escolla sempre a paz e a resolución.
Para lela en formato dixital, preme:
Para lela en formato rolo, preme en Scribd
Lumes, nunca máis!
Esta situación de aprendizaxe busca xerar no alumnado conciencia crítica a partir da educación medioambiental en galego e de xeito interdisciplinar; pretende fomentar unha reflexión sobre a xestión forestal e as súas repercusións sociais, económicas e climáticas; quere poñer o foco na cultura rural tradicional, para recoñecer o seu valor e o seu potencial de cara ao coidado da natureza e das persoas e busca chamar a unha toma de conciencia colectiva para frear a súa degradación.
Este material persegue tamén o uso normalizado da lingua galega nas materias do ámbito matemático-científico-tecnolóxico e implementar en todas as áreas o tratamento integrado de linguas e contidos como a metodoloxía idónea para desenvolver un plurilingüismo inclusivo.
Para lela en formato dixital preme:
- en Calaméo
- na páxina da AS-PG
- na páxina da CIG-Ensino
Para lela en formato rolo preme en Scribd
LGL II e Matemáticas II competenciais
Guías para situacións de aprendizaxe en Lingua Galega e Literatura II e Matemáticas II.
O obxecto destas obras é fornecer o profesorado e o alumnado de distintos materiais competenciais para as materias “Lingua e Literatura Galega II” e “Matemáticas II” de segundo de bacharelato, de xeito que se poidan desenvolver durante todo o curso académico. Durante a elaboración destes libros tivemos distintas reunións para coordinar algunhas partes das dúas obras, que esperamos cumpran coa finalidade que nos marcamos.
Para lelas en formato dixital, preme en Calaméo
Para descargalas en PDF:
- LGL: /upload/explorador/2025/Materiais competenciais/LGL II – Competencial.pdf
- Matemáticas: /upload/explorador/2025/Materiais competenciais/mat-compet-por-capitulos.pdf
Encrobas vs. Altri
A ciencia ao servizo do país
A terra non é plana. A lúa existe. Non había microchips nas vacinas. O 5G non controla as mentes.
Existen moitos materiais para demostrar a falsidade dos calotes asociados ás primeiras afirmacións. Porén, non había materiais que nos permitisen valorar a macrocelulosa de Altri na Ulloa.
Tes aquí unha situación de aprendizaxe que che permitirá formar a túa propia opinión para poder razoar con argumentos, despois de realizares as distintas tarefas relacionadas coas Matemáticas, coa Química, coa Física, coa Bioloxía, coa Economía, coa Filosofía ou coa Lingua e Literatura Galega. Cando remates tes un reto que deberás afrontar. Posto que as tarefas son independentes, poderás tentar aquelas que correspondan coas materias que cursas ou impartes na actualidade. Moito ánimo coa resolución!
Para lela en formato dixital preme:
- en Calaméo
- na páxina da AS-PG
- na páxina da CIG-Ensino
Situación de aprendizaxe para ANL e AL ao servizo da normalización da lingua galega a través do tratamento integrado de linguas e contidos: Encrobas vs. Altri
Situacións de Aprendizaxe
SITUACIÓNS DE APRENDIZAXE PARA LGL:
Leer más: https://marlou3.webnode.es/situacions-de-aprendizaxe/
SITUACIÓNS DE APRENDIZAXE PARA ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL:
- DAN A DANA?
- Quen son eu?
- Temos dereitos!
- Castelao e a paz
- Unha liña no tempo
- De Enheduana a Rosalía
- Como afecta o cambio climático ás mulleres? (Irene Fernández)
- Sen palabras…
Leer más: https://marlou3.webnode.es/situacions-de-aprendizaxe/
75 cravos para Castelao!
Grazas, Raquel Martiz!