Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro.

SON NEUTRAS AS PALABRAS?

MAFALDA ESTÁ ANOXADA CO SEU DICIONARIO DE LINGUA CASTELÁ…

Zorro = Heroe xusticieiro
Zorra = Vulgarmente, prostituta

Perro = O mellor amigo do home
Perra =  Vulgarmente prostituta

Callejero = Da rúa, urbano.
Callejera = Vulgarmente, prostituta

Hombrezuelo = Homiño, mínimo, pequeno
Mujerzuela = Vulgarmente, prostituta

Hombre público = Personaxe prominente, importante… Funcionario público.
Mujer pública = Vulgarmente, prostituta

Hombre de la vida = Home de grande experiencia.
Mujer de la vida = Vulgarmente, prostituta

DON JUAN = Home atractivo e de grandes cualidades para “ligar” .
DOÑA JUANA = A muller da limpeza.

COMO IMOS VER, ISTO NON SÓ SUCEDE CO CASTELÁN. OS PREXUÍZOS DE XÉNERO ENCHEN TODAS AS LINGUAS. SE NOS FIXAMOS NO VALOR DA FORMA MASCULINA FRONTE Á FEMININA, COMPROBAREMOS AS DOSES DE MACHISMO QUE TINXEN OS SISTEMAS LINGÜÍSTICOS. AS LINGUAS NON SON NEUTRAS, POIS USÁMOLAS OS HUMANOS E, ÁS VECES, COMPORTÁMONOS COMO SE ESTIVESEMOS DESPOSUÍDOS DE TODA HUMANIDADE… POLO QUE AS PALABRAS PODEN SER ARMAS CARGADAS POLO DEMO=PREXUÍZO!

BOTÉMOSLLE UNHA OLLADA AO GALEGO:

Aventureiro = Ousado, valente, arriscado.
Aventureira = Vulgarmente, prostituta

Un calquera = Calquera persoa
Unha caalquera = Vulgarmente, prostituta

Puto = Homosexual
Puta = Vulgarmente, prostituta

HEROE = Ídolo.
HEROÍNA = Droga

ATREVIDO = Ousado, valente.
ATREVIDA = Insolente, mal educada.

SOLTEIRO = Codiciado, intelixente, hábil.
SOLTEIRA = Quedada, lenta, “pasoulle o sol pola ventá”, “quedou para vestir santos”.

DEUS = Creador do universo, cuxa divinidade foi transmitida ao seu Fillo varón por liña paterna.
DEUSA = Ser mitolóxico de culturas supersticiosas, obsoletas e esquecidas.

SOGRO = Pai político.
SOGRA = Bruxa, mala nai política, “metomentodo”, etc.

MACHISTA = Home-macho.
FEMINISTA = Lesbiana.

FONTE: A TRAVÉS DE MARI, CHEGUEI AO BLOGUE “COCINA MEXICANA” http://nokrisscecco.wordpress.com/2010/04/22/mafalda-y-la-lengua-castellana/

AS CARICIAS SÁBENME AZUL

Aínda non teño o diagnóstico do médico, pero estou segura de que o meu é sinestesia. Non pode chamarse enfermidade porque os sinestésicos facemos vida normal, trátase dun simple desarranxo dos sentidos, un cruce de sinais: a estimulación dun sentido corporal percíbese tamén noutro. Hai quen escoita aromas, outros saborean metais só con mencionalos, ven os números dunha cor distinta cada un, cheiran os nomes da xente ou senten a música de jazz como unha lufada de vento nas pernas. Disque hai moitas persoas que teñen esa sensibilidade pero non son conscientes dela. Pensan que é o habitual, non se consideran especiais.

(…) Ben cativa era eu cando cheguei a Galicia co meu nome oficial, Eva, doado de lembrar e pronunciar. Pero a maxia sinestésica do pobo axiña descubriu que algo non funcionaba e cambioumo. Eu son “Catiusca”, desde aquela así me chaman todos con gran satisfacción e cariño. Cada quen sentirá distintos impulsos sensoriais co nome Catiusca, pero seguro que coinciden en que é o que mellor me vai, porque é o meu.

(…) HAI MUNDOS QUE EXISTEN UNICAMENTE EN GALEGO

Noutros idiomas serían vida sen tempo ou sinfonías sen aire, puro desacougo. (…) A lingua galega é o catalizador máxico de mundos auténticos, de experiencias físicas, de realidades patentes. Seino porque non son a única con sinestesia aquelada, somos numerosos os que recibimos impresións externas das palabras. Roces suaves e bicos profundos.

(…) O termo “carballeira” remóvenos os cinco sentidos, un por un, con estímulos perfectamente identificables, fisiolóxicos, concretos. Nada que ver con “robledal” nin con “oak grove” por moito que signifiquen o mesmo. “Carballeira” cheira distinto, ten sabor propio , soa peculiar, loce unha imaxe característica e ofrece unha sensación epidérmica precisa.

Unha soa palabra é capaz de remover a consciencia porque, ademais da invasión íntima e directa, leva outra resonancia evocadora que se propaga e multiplica sen límites. Coa carballeira chega o aturuxo, a brétema, o agarimo dun amor, a filloa da avoa, a herba mollada, sentidos desbordados e verbas amigas loitando por desencadear as mellores reaccións inesquecibles na alma.

Cada palabra é un mundo, cada lingua un universo rico en experiencias que non se poden traducir porque son únicas. (…) Sinto que comparto moito contigo. Estás a ler galego, así que ti es dos meus.

Artigo de EVA WOJKIEWICZ, publicado no “defunto” XORNAL DE GALICIA o 23-02-2011

SE TI TAMÉN PERCIBES SENSACIÓNS EXTERNAS DAS PALABRAS, ROCES E BICOS E CRES QUE HAI MUNDOS QUE EXISTEN SÓ EN GALEGO, CÓNTANOLO!!!!!!!!!!!!

DEIXA O TEU COMENTARIO AQUÍ, POR FAVOR!!!!

COMUNICACIÓN

Xa está na páxina 3ºESO o material e recursos necesarios para a Unidade 1, relativa aos textos, os seus tipos, as súas propiedades e a súa análise . Alí atoparedes:

-Unha presentación sobre O TEXTO

-Unha presentación sobre TIPOS DE TEXTO (que tamén aparece na páxina de 2ºESO)

-Un documento sobre a ANÁLISE DE TEXTOS

-Un documento sobre COMENTARIOS

-Un documento sobre ADECUACIÓN E COHERENCIA TEXTUAL

-Unha ligazón a NA PUNTA DA LINGUA, para reforzar e/ou ampliar coñecementos.

SERMOS GALIZA: o regreso da información en galego!

A iniciativa social Sermos Galiza impulsará a creación dun grupo de comunicación

Busca o compromiso da sociedade máis activa para botar a andar un diario dixital e un semanario en galego.

Un grupo promotor de trece persoas de distintos ámbitos sociais presentou en Santiago a  iniciativa social para a creación do Grupo de Comunicación Sermos Galiza, un proxecto que parte coa vontade de se converter en referente da información en galego. De partida, o grupo  promotor anuncia a intención de botar a andar un diario dixital e un semanario en papel, substentado fundamentalmente nos subscritores e nun accionaraido amplo e plural.

As escritoras Marga Romero e Teresa Moure e o profesor da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato actuaron como portavoces da iniciativa Sermos Galiza, un proxecto que consideran “urxente e necesario” nun momento de abafamento dos medios en galego. O obxectivo de Sermos Galiza é ofrecer á cidadanía un producto informativo novo e distinto, ao dicir dos seus promotores, “que defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e que sexa, en definitiva,  un proxecto colectivo que nace e se desenvolve pola forza e o entusiasmo dos e das que cremos neste país e no seu futuro”.

PARA SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: SERMOS GALIZA

O GALEGO ABRE PORTAS NUNHA EUROPA MULTILINGÜE

Non sorprende que Paulina Ceremuzynska, sendo de Varsovia, saiba tanta música medieval e cante con tanta delicadeza. O que sorprende dela é que fale tan ben o galego, que o aprendese na súa universidade de Varsovia e que tivese tanta paixón pola nosa poesía e pola nosa música medieval. Hai 700 anos tódolos mozos da Península Ibérica cantaban as cancións de amor e desamor en lingua galega.
http://www.crtvg.es/flowplayer3/flowplayer.commercial-3.2.7.swf
Hoxe o que máis sorprende é que haxa mozos e mozas galegos que presuman de NON saber falar en galego, ou o que aínda é peor, que insistan en NON querer falar a lingua propia do país no que viven. Por que? Como chega alguén a presumir do que non sabe? Como pode alguén, sabéndoa, negarse a utilizar un instrumento precioso e básico como é unha lingua?????????????????????

GRAZAS, MAXO, POR ACHEGARME O VÍDEO!