Rianxo (por 2ºPCPI)

Rianxo from Marlou
Advertisements

Semana Solidaria do IES Félix Muriel

Baixo o lema Ti tamén sumas, o noso instituto ten programada unha semana de actividades, obradoiros, charlas, proxeccións e teatro adicada á solidariedade.

Cruz Vermella, Médicos Sen Fronteiras, A CREBA, AMiPA, a Fundación Paideia ou o Centro de Educación Especial de Vilagarcía son algúns dos colectivos que participarán nestas actividades.

A programación destas actividades solidarias correu a cargo dos Departamentos de Ciclos de Formación Profesional e de Orientación.

Para dar a coñecer estas actividades o IES Félix Muriel lanzou unha campaña nas redes sociais na procura da madriña ou padriño para esta iniciativa. Múltiples artistas coñecid@s enviaron xa os seus vídeos, que están a ter unha magnífica acollida na rede. AQUÍ VOLOS DEIXO

Podes seguir a nova na prensa: SERMOS GALIZA

Podes descargar a programación en pdf aquí: Programa_Actividades_Semana_Solidaria_Ti_Tamén_Sumas


PODES SEGUILA NO FEISBÚ