QUE O 2012 VOS RESULTE MOI DOCE!

Advertisements

A QUE POBO VALE O VALEDOR DO POBO?

O VALEDOR DO POBO CENSURA UN LIBRO DE

COÑECEMENTO DO MEDIO

QUE REPRODUCE TEXTUALMENTE O

ARTIGO 5.1 DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA,

NO QUE SE DI QUE

A lingua propia de Galicia é o galego

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ:

O ONCE lembra a figura de Álvaro Cunqueiro

O centenario do escritor, gastrónomo e xornalista Álvaro Cunqueiro chega tamén á ONCE. O vindeiro sábado 10 de decembro, cinco millóns de cupóns repartidos por toda España levarán impresa a cara do intelectual. Ademais, nunha nota de prensa remitida pola entidade, comprométese a “achegarse á súa prolífica obra a través dos fondos da nosa biblioteca braille e sonora”.

BILINGÜISMO CORDIAL

O venres 5 de Decembro estreouse no Teatro Principal unha curta de Dani Villlaverde titulada “Bilingüismo cordial”, nela un mozo cun curriculum excelso acode a unha entrevista laboral para ocupar un importante cargo. Todo indica que o posto será para el, ata que abre a boca… e fala galego.