O galego, entre o 2,4% das linguas máis faladas no mundo

O galego atópase entre o 2,4% das linguas máis faladas do mundo. Supera o millón de falantes, como só 389 do total estimado de 6.633 que se poden atopar no planeta. Fronte á moi asumida idea da homoxeneidade que os estados europeos propagaron, a diversidade lingüística é a realidade. En Estados Unidos fálanse 176 idiomas, en Brasil 181, en Suíza 12, -non só catro-, no Reino Unido 16…

E conservar esta pluralidade é unha cuestión ética, de xustiza. Un xeito de garantir a continuidade das diferentes cosmovisións. E, no caso de Galicia, de restituír os seus dereitos non só ás persoas que falan galego, senón tamén ás que falan castelán e non son conscientes de que lles roubaron un idioma. Así reflexiona a escritora e profesora Teresa Moure en ‘Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética’, o seu último ensaio.

Se ‘A intervención’ foi a novela que veu despois de ‘O natural é político’, ‘Ecolingüística’ sitúase nesa mesma senda do ecoloxismo, tamén presente en ‘Herba Moura’ ou ‘A casa dos lucarios’. A inquietude da autora pola diversidade céntrase no eido lingüístico neste novo libro. E a redución desa variedade, da diferencia, -apunta-, debido á morte de linguas, supón tamén a perda de formas distintas de ver o mundo.

PARA SABER MÁIS:

Advertisements

“Fomos o primeiro reino de Occidente mais descoñecemos a nosa historia”

Houbo unha época na que Galiza foi reino e Compostela, referente europeo. Nela viviu o rei García, tan descoñecido como nós é a nosa historia. Recuperámola a quinta feira 23 de abril no A Fondo.

Foi unha época tan dourada para Galiza como descoñecida, a cabalo entre os séculos XI e XII. O colectivo Ora Galega recupéraa esta semana no A Fondo -o caderno de análise que se entrega conxuntamente co Sermos Galiza, a venda esta quinta feira 23 de abril-, consciente da importancia tanto da historia como da creación de imaxinarios ao redor dela en todo proceso de emancipación nacional.

Para saber máis, pincha aquí: Sermos Galiza

O Galego é de tod@s! vídeo gañador do concurso do Correlingua 2015

O Galego é de tod@s, Colexio Sagrada Familia de Aldán, foi o gañador do concurso de vídeos do Correlingua 2015

O CORRELINGUA, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüísitica denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

O rianxeiro que levou o galego a Android

Desenvolveu o primeiro teclado gratuíto para móbiles na fala de Castelao e iso valeulle un premio

Só ten 21 anos, así que no caso do rianxeiro Álvaro Ordóñez máis que dun orgullo barbancés falamos dunha promesa. Porque sendo tan novo, e coa traxectoria que xa ten, a bo seguro que son moitos os logros que aínda lle quedan por acadar. De momento, apunta boas maneiras. O ano pasado conseguiu desenvolver unha aplicación gratuíta que lle permite aos móbiles co sistema operativo Android «entender o galego», e ese traballo valeulle o seu primeiro recoñecemento.

PARA SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: LA VOZ DE GALICIA