A lección de Suso de Toro: somos únicos por sermos diferentes.

Rianxo fala con Suso de Toro

http://photopeach.com/embed/en7hvb

Advertisements

Charla con Suso de Toro

 

Suso de Toro veu charlar co alumnado que reinterpretou a súa obra

O escritor Suso de Toro, despois de ver os traballos audiovisuais realizados polo alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa obra Tic-Tac, accede a vir ao instituto rianxeiro para coñecelos e charlar con eles.

Unha das máis famosas obras do escritor compostelán, Tic-Tac, vén de cumprir vinte anos. Mais a súa  modernidade parece perdurar no tempo, así o demostraron as lecturas que dela fixeron os e as alumnas de 1º de Bacharelato do IES Félix Muriel de Rianxo. De feito, o autor da citada obra, que xa rexeitara varios convites que se lle fixeran desde o centro para vir dar unha charla ao alumnado, comunicou que –logo de ver o, segundo el, “impresionante traballo realizado” non se podía negar.

E así foi. Este martes 28 de xaneiro foi a cita no salón de actos do IES onde falou para todos os grupos de bacharelato do centro. Antes aínda lle deu tempo a pasar pola biblioteca onde, coma cada día desde o pasado xoves 23 ata o vindeiro xoves 30, se realizan as proxeccións dos 62 traballos entregados. Hoxe tocáballe a un dos mellores, un vídeo do alumno Eduardo Domínguez, no que, durante 20 minutos, mostraba unha colección de citas da obra combinadas con imaxes e música escollidas polo autor e que axudaban a explicar o seu significado.

Durante máis de media hora, Suso de Toro, cautivou aos seus oíntes falándolles non só de Tic-Tac, de como nacera, do seu significado… senón tamén de era el de adolescente, do conxunto da súa obra e incidindo no que significa para el a escrita. Logo o público podía facer preguntas que foron contestadas polo autor aclarando cuestións que foron desde o título da obra que o deixara máis satisfeito ata o significado de “Apoteose do churrasco” en Polaroid.

GRAZAS, TINA!