Em galego!

Advertisements

Galeguízate, a iniciativa do alumnado de 2ºBacharelato do IES Felix Muriel non para de medrar

Baixo o lema GALEGUÍZATE! Limpando o galego de interferencias lingüísticas, por amor á lingua! Adeus ós castelanismos! os alumnos e alumnas de Rianxo non deixan de crear novas entradas no seu blogue, a pesar das datas nas que nos atopamos, que para eles e elas son as máis duras da súa vida académica no centro, pois dan comezo á recta final que os levará de cabeza ás Probas de Acceso á Universidade.

O seu labor céntrase en escoller palabras comúns que habitualmente usamos coa forma castelanizada e indicarnos cal é a forma correcta en galego. É a súa maneira de respectar e amar a nosa lingua.

Se queres saber máis, preme AQUÍ

A TVG pide a unha presentadora que non utilice a ‘gheada’

Até fai unhas semanas, o espectador/a da TVG que conectase a canle un sábado ou domingo ao mediodía podía escoitar unha forma de falar inédita na cadea. A presentadora de A Revista do fin de semana, Lorena Pose, dirixíase ao público falando con gheada, dicindo “ghracias” ou “ata logho”, o que resultaba chocante para un espectador/a habituado a unha normativa estándar. Pero o atrevimento inusual da presentadora chegou ao seu fin o pasado fin de semana: Lorena Pose pasou a falar outra vez en galego normativo estándar. (tradución do artigo en castelán, na súa versión orixinal)

FONTE DE INFORMACIÓN: EL PAÍS

Loiras, castaños, rubias, morenos, roxas e viceversa

César Lorenzo Gil, xornalista. Durante máis dunha década encargouse da corrección lingüística do semanario A Nosa Terra e do xornal dixital A Nosa Terra Diario. Desa experiencia nace o blogue DÚBIDAS DO GALEGO no que deixa consellos e solucións  para esas dúbidas. Como no caso de Loiras, castaños, rubias, morenos, roxas e viceversa

Non vai falar este artigo de programas de televisión; só de cores de pelo. En galego temos un vocabulario propio para definir o abano cromático que acotío se encontra na cabeleira humana e animal pero desde hai uns anos, por mor da influencia do castelán, xurdiron dúbidas ou incluso malos usos que condenan ao esquecemento as formas propias.

No corras por el corredor que se te va a caer la saya al chan

Acabo de atopar no blogue COUSAS DE IMENEO esta entrada que me ven moi ben para acompañar a ilustración castrapodo XOSÉ LOIS, O CARRABOUXO

La Vega”, “Chandreja de Queija”, “Ginzo de Limia”, “Lobera”, “Villa de Cruces”, “Arteijo”, “Rianjo”, “Villagarcía de Arosa”, … e xa non sigo porque me poño malo. Estes topónimos -por chamarlle algo- podes atopalos na edición española da Wikipedia, que como sabedes é unha web na que non hai un empresa ou entidade responsábel do seu contido, xa que está construída e mantida por voluntarios e voluntarias. Malia que en cada unha das entradas indican o topónimo oficial, non deixa de ser unha deturpación da nosa identidade que existan referencias como “Chandreja de Queija”, que recordan os momentos máis escuros da Ditadura Franquista.

É loábel que unha web como a Wikipedia sexa atentida e mantida por usuarios altruistamente, mais á vista está que carece do máis mínimo rigor científico por non respectar os nosos topónimos oficiais na súa edición en castelán, que dá unha visión errada e deturpada do que é o noso país.

 

Hai polémica! Podemos escribir PULPO en galego?

O concello do Carballiño, onde se celebra a famosísima Festa do Polbo, solicitoulle á Real Academia Galega que inclúa no dicionario galego o nome do produto protagonista desta senlleira festa, que este ano celebrará a súa edición número 52.

Evidentemente o nome dese cefalópodo xa está incluído no noso dicionario, “polbo“. O problema é que o Concello do Carballiño quere que a Academia inclúa no noso dicionario o nome en español, “pulpo“. A razón que argumenta é que “sempre foi pulpo”. Como sempre foi “cuchara”, e “sartén”, e “silla”, e… podemos argumentar nós.

Pero o preocupante é a resposta do presidente da Real Academia Galega: non se pronuncia. Alonso Montero di que a decisión deben tomala “especialistas en lexicografía”.

Deberán tamén decidir eses especialistas, algún día, a inclusión de El Roblecito, en troques de O Carballiño, na toponimia galega?

FONTE: SERMOS GALIZA

GRAZAS, ANXO, POR ESTE MAGNÍFICO DOCUMENTO SOBRE O GALLEGO DA RAG!