O Consello de Europa insta a devolverlle ao galego a prioridade nas aulas.

O decreto promulgado polo goberno da Xunta no 2010, para eliminar a prioridade que o goberno Bipartito lle dera no 2007 ao galego, levou a España a incumprir os compromisos suscritos no Consello de Europa. Un informe eleborado por expertos lingüistas, que visitaron Galiza e que se entrevistaron con responsables da Xunta, conclúe que as medidas levadas a cabo desde o 2009 van en contra do acordado polos Estados que asinaran en 1992 a Carta Europea das Linguas Minoritarias, entre eles España.


SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: EL PAÍS

Podes completar a información accedendo ao INFORME EUROPEO SOBRE A SITUACIÓN DO GALEGO

Advertisements

Europa critica a política lingüística do goberno en Galiza

O Comité de Expertos do Consello de Europa asegura, despois de recibir todo tipo de informes como o que lle proporcionou o Consello da Cultura Galega, que a Xunta de Galiza non protexe nin promociona abondo o idioma propio do país. Nun estudo publicado agora tamén dá a coñecer como estan outras linguas minorizadas do Estado como o euscara e o catalán. Neses outros casos “aplauden” o traballo realizado por eses gobernos.

PARA SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: SERMOS GALIZA

 

A (sin)razón de Galicia Bilingüe

Ana Martínez Piñeiro

Veño de ler neste xornal un artigo segundo o cal Galicia Bilingüe denuncia a imposibilidade de vivir en castelán nos colexios galegos.
Escribo esta carta para amosar o meu total apoio a esa teoría. Eu aínda diría máis, vivimos nun país no que é imposible vivir en castelán.
Voulles contar a miña historia. Teño dous fillos aos que sempre falei en castelán. E así falaban eles, ata que comezaron a ir ao colexio público. Con tres anos abandonaron totalmente a súa lingua materna, e agora só falan galego. Só len en galego. Só escriben en galego. Viven nun mundo tan altamente galeguizado que me miran con extrañeza porque falo castelán, e incluso me preguntan por que non son coma todo o mundo, por que non falo en galego. Pero se fosen só as mestras… Os compañeiros e compañeiras, os seus pais e nais, as profesoras das actividades extraescolares… pero tamén as caixeiras do supermercado, os carteis de todos os comercios vaiamos onde vaiamos, a pediatra, o persoal do banco, a fisioterapeuta, todo o mundo que nos rodea fala en galego. Os impresos do Sergas, os recibos dos bancos, as propagandas de fontaneiros, mesmo os xornais, este mesmo, no que, de 76 páxinas, non puiden atopar nin unha soa noticia en castelán!!! Por non falar dos debuxos animados, por máis que busco, só nunha canle botan programas infantís en castelán.
É certo: nesta cidade na que vivo non hai xeito de facer unha vida normal en castelán. As persoas castelán-falantes estamos totalmente discriminadas e temos que chegar a facer xuntanzas especiais nos parques para que os nosos fillos poidan escoitar falar castelán con normalidade. Eu mesma non sei por que estou a escribir en galego. Será que á fin conseguiron adoutrinarme sen eu querelo.
Un saúdo e forza a todas as persoas que, coma min, se senten estranxeiras no seu país por mor de usar a súa lingua.

ARTIGO ATOPADO EN: FARO DE VIGO. ES

 

 

Cando defender o galego é delito…

FONTE: DIOIVO