A revolución dos caraveis (por Aroa Sóñora)

Aulas in Absentia

Hoxe, 25 de abril, conmemórase un día no que cambiou a historia doun país veciño, do noso país irmán. Portugal celebra o Día da Liberdade, porque ese día conseguiu restaurar a democracia.

Tal día coma hoxe, alá polo ano 1974, produciuse un levantamento militar que puxo fin, nun só día ao réxime autoritario que durante anos gobernou ese país e o sumiu nunha gran pobreza, que levou a súa xente a emigrar, ó igual que sucedía en Galicia. O goberno prefería inverter grandes cantidades de cartos en armamento militar en troques de investilos en educación ou infraestruturas. Pouco a pouco na clandestinidade foise amañando un plan e un grupo de soldados sublevados, coñecidos como os Capitáns de abril, uníronse para poñer fin a ese goberno.

Ese levantamento militar recibiu o nome de A REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS, pola reacción popular; pois, no amencer, as persoas comezaron a xuntarse nas rúas e…

View original post 48 palabras máis

Lectura encadeada das Memorias dun neno labrego

Aulas in Absentia

Para celebrar o Día do libro, o alumnado de 3ºESO realizou unha lectura encadeada deste clásico da Literatura Galega escrito por Neira Vilas, que conta con traducións mesmo ao xaponés e cunha adaptación ao teatro realizada por Cándido Pazó. Por parellas, o alumnado gravou a lectura de cada capítulo, para despois engadir imaxes do propio texto. Este é o resultado…

Capítulo 1. Eu son… (por Alex e César)

Capítulo 2. Perdido (por Sergio e Miguel)

Capítulo 3. O xudío (por Aitana e Iria)

Capítulo 4. Loito (por Laura e Jade)

Capítulo 5. Os grandes (por Nuria e Iván)

Capítulo 6. América (por Lucas e Iago)

Capítulo 7. Pachín (por Sandra e Diego)

Capítulo 8. Rebusque (por Nico e Raúl)

Capítulo 9. Eladia (por Laura e Noelia)

Capítulo 10. O fumazo (por Noa e Antía)

Capítulo 11. A morte (por Iria e Andrea)

Capítulo 12. O meu amigo (por…

View original post 33 palabras máis

A masa e a pedra

Maremagnum

goya Mulleres na ventá, Bartolomé Esteban Murillo

Se algo bo teñen estes días de confinamento é que dan para pensar e reflexionar en relación a moitas cuestións da sociedade que antes de todo isto se podían intuír pero que agora, dada a situación, son máis que evidentes. Parece lóxico que en momentos de inseguridade e descoñecemento tendamos a unirnos á masa. Aínda que ocorra de xeito habitual en calquera situación do noso día a día, neste tempo semella razoable que sexa aínda máis probable que pase. O problema chega cando hai alguén que se nega a seguir a masa. Alguén que non quere ser unha ovella máis. Cando isto pasa, non é que se deixe de ser unha ovella, senón que, a quen lle ocorre, convértese en lobo. O lobo sempre foi por antonomasia o animal máis empregado para representar a ameaza, unha anomalía que chega para desaxustar o regular funcionamento…

View original post 613 palabras máis