Silencio azul

Maremagnum

azul2 Desnudo azul, Pablo Picasso

Existe un lugar no que todo é diferente. Un lugar lonxe do coñecido ao que non moitos chegaron aínda. Ese sitio semella outro mundo, nunha realidade distinta para cada un. Sumerxida na atmosfera pesada do azul, podo viaxar a ese lugar, a esa outra realidade. Dura só un momento. É tan lixeira, que só se pode ver uns segundos. Abro os ollos e xa rápido desaparece. Alí, no lugar onde remata o mundo, só existe o silencio. Mais non é un silencio duro, cortante, non, é un silencio doce, sonoro, que abanea en equilibrio entre o almeiro e o baleiro. Aínda que nese lugar, até o baleiro está cheo. E é entón, no abraio cristalino de abrir os ollos, cando aspiro a memoria do silencio. Por fin o entendo. Só unha palabra me salvará, unha palabra soa, infinita, máxica, intolerablemente simple: mar.

View original post

Advertisements

Nin feminista nin machista! Seguro?

1920px-hear_speak_see_no_evil_toshoguSostén Fernanda Tabarés que sostén Paula Echevarría que non hai que ser nin feminista nin machista porque os extremos nunca son bos, que as medias tintas son mellor. O medio, sempre o termo medio aparece como o mellor. O resto son extremos, o resto é ser radical.

Ben! Situémonos no xusto termo medio. Iso significaría que as mulleres xa non temos nada que reivindicar, que acadamos a igualdade, que xa non sufrimos acoso, nin abusos, nin explotación, nin violencia exclusivamente polo feito de sermos mulleres.

Sigamos na absoluta equidistancia. Se as mulleres xa acadamos a igualdade e temos os mesmos dereitos que os homes, por que cobramos un 30% menos que os homes, segundo datos de 2016 da Axencia Tributaria? Se as mulleres somos tratadas en condicións de igualdade, por que case o 70% das horas dedicadas ao traballo doméstico as realizamos as mulleres? Se as mulleres xa non somos tratadas como obxectos hipersexualizados para satisfacer os desexos de determinados homes, por que as rapazas non poden saír soas de noite, como os rapaces? por que cada ano son violadas por homes en España máis dun millar de mulleres?

Acabemos xa coa falacia da equidistancia do binomio feminismo – machismo: a cantos homes leva asasinado o feminismo en España no que vai de ano? porque o machismo leva asasinadas “oficialmente” a 23 mulleres (extraoficialmente a 55).

A quen siga sostendo ou pretendendo argumentar que o feminismo é o oposto ao machismo e que non hai que ser nin unha cousa nin a outra, que é mellor ser neutral, ou situarse no xusto e equidistante medio, habería que recomendarlle máis información e menos opinión, máis formación e menos deformación, moitísima máis humanidade e o abandono de comportamentos como os dos tres monos sabios; pero, sobre todo, hai que desexarlles que non sufran no propio pelexo (ou no dunha filla, que tamén é pel propia) ese machismo sobre o que opinan tan frivolamente.

Españicentrismo

Maremagnum

matisse corro A danza, Henri Matisse

Ultimamente ando pensando moito no catro. Si, no catro. É un número ben curioso. Todo semella mellor se ten algo que ver co catro. Descartamos os trevos de tres follas porque non dan sorte e gañamos algo de vida cando os catro anos pasados lle regalan un día máis a febreiro. Agardamos tres estacións impacientes a que chegue o verán, e, despois de catro semanas, saudamos o mes que comeza coa esperanza de que sexa mellor que o anterior. Pensamos no catro cos puntos cardinais, ao xogar cos paos da baralla e cando non nos dan chegado as seguintes olimpíadas. E cal era o nome do cuarto Beatle? Tanto dá, todo cun catro é mellor.

Ben, todo non. Hai algo que nin o número catro pode mellorar: o mundial de fútbol. Nunca fun moi afeccionada ao fútbol, pero, concretamente o mundial, acaba coa miña paciencia. O…

View original post 366 palabras máis