Este xoves o Curtas.Gal proxectará NICO

Nico from Marlou

Nico é un rapaz que se afasta do mundo para poder evadirse dos abusos que a diario sofre dalgúns dos seus compañeiros de instituto. A súa vida familiar tampouco é sinxela, polo tanto… Que pode facer para non sentirse afundido? Laura será a súa resposta.

Bechos raros, nas Curtas.Gal dos xoves, na Biblioteca

O ser humano é o becho máis raro da natureza. Para demostrar esta afirmación seguiremos os pasos de tres curiosos especímenes de bechos raros: José Luis pertence á tribu urbana dos “sinistros”, Raul é un frikie dos video-xogos e Eva unha fervinte adepta á astroloxía. Os tres sofren a marxinación dunha maioría que os rechaza por ser diferentes e lles dificulta a procura de alimento, seguridade e reproducción que guía os instintos de tódolos animais. Cada un deles enfróntase á decisión de cómo vivir a súa condición de raro.

FONTE: CanleTV

BECHOS RAROS