HUMOR GZ


BOTÁDELLE UN OLLO A ESTE BLOGUE: HUMOR GZ

Advertisements

CoraSón con Trazos de morriña pingando…

Para Lucía (que todo o garda e todo o comparte), para Martinho (que le e escoita moito máis e mellor ca min), para Pablo (que me deixa escaravellarlle no pelo), para Meri (que non me castigou polo de Mini e Mero e aínda me fixo unha foto), para Mariah (que partillou aquel diploma)…. PARA TRAZO, O MEU CORASÓN DE VIÑO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

A banda de Vilagarcía traduce unha obra do galego ao castelán «para que se entenda»


O músico rianxeiro, Antón Alcalde, ex-alumno do IES Félix Muriel e autor da peza, explica que o director da banda de Vilagarcía, Suso Nogueira, decidiu traducir a peza ao castelán “para que se entendese mellor”.
A peza fora encargada pola banda de música da Coruña a Antón Alcalde, coa fin de homenaxear aos tres policías que hai un ano perderan a vida no Orzán tentando salvar un mozo. Os heroes do Orzán estreouse o 4 de Novembro no Palacio da Ópera de A Coruña, respectando escrupulosamente o orixinal galego.
Cando Suso Nogueira, o director da banda de Vilagarcía, foi interrogado sobre o asunto, sinalou que na súa opinión “só se estaba a buscar polémica de forma gratuíta”. Posteriormente explicou que a súa intención ao traducila ao castelán era “adaptala ao tipo de público que asistía a estas representacións”, pois el distingue entre dous tipos de público: os “familiarizados co galego”, para os que valen pezas como Pedro e o lobo, e os “non familiarizado co galego”, aos que vai destinada unha sinfonía narrada como a de Os heroes do Orzán.

FONTE: LA VOZ DE GALICIA

  • QUE PROBLEMÁTICA (desde unha perspectiva Sociolingüística) PARA A NORMALIZACIÓN DO GALEGO TRANSLOCE ESTA NOVA?
  • QUE OPINIÓN CHE MERECE TAN PINTORESCO SUCESO?

POR FAVOR, DEIXA O TEU COMENTARIO…

ATAQUE ESCAMPE. La vita nuova


Baixo a luz da pirotecnia, con camisas dos setenta dúas sombras buscan chapas no lodo da tristeza. O técnico de son está a probar as voces de onte e de pasadomañá. Van xogar ás escopetas, séntese o playback da orquestra, business é business na lei da feira. Cariño como o noso é un castigo que se leva na alma e no intestino. Hoxe unha noite haberá como un bolero sincero que queima como o alcol, ou a voz de Nat King Cole. Aqueles ollos verdes traidores se te collen da man para ver as estrelas dun soño de verán. Acabarán na caravana, soa música italiana, vita nuova, sexo breve e os anos pasan. E o técnico de son está a enroscar os cables todos na resaca de mañá.

ATAQUE ESCAMPE

GRAZAS, MERI!