Currently home to over 200 languages spread across about 50 nations, it may surprise you to learn that Europe’s incredible linguistic diversity is actually slowly dwindling. In fact, only a fraction of these languages are officially listed as the languages of the European Union and some of them are right on the brink of extinction, from northern French dialects spoken by some 100,000 speakers to indigenous Scandinavian tongues with only a handful of fluent speakers.We’ve teamed up with Dr. Christopher Moseley, author of the UNESCO Atlas of the World’s Languages in Danger, to guide you through the world of minority languages in Europe. We’ve focused on languages that have been deemed severely or critically endangered by UNESCO.
César Lorenzo Gil, xornalista. Durante máis dunha década encargouse da corrección lingüística do semanario A Nosa Terra e do xornal dixital A Nosa Terra Diario. Desa experiencia nace o blogue DÚBIDAS DO GALEGO no que deixa consellos e solucións para esas dúbidas. Como no caso de Loiras, castaños, rubias, morenos, roxas e viceversa…
Non vai falar este artigo de programas de televisión; só de cores de pelo. En galego temos un vocabulario propio para definir o abano cromático que acotío se encontra na cabeleira humana e animal pero desde hai uns anos, por mor da influencia do castelán, xurdiron dúbidas ou incluso malos usos que condenan ao esquecemento as formas propias.
Rubio: O meu pai é o Rubio de Cequeliños. Tamén lle chaman o Paxariño pero ese é un alcume que herdou do meu avó Antonio, que seica pasaba o día a asubiar. Meu pai hoxe está careco e os pelos que lle quedan están brancos coma a neve. Mais en tempos tiña o pelo dourado. O meu pai non era rubio, en definitiva. Porque o adxectivo rubio en galego define as persoas co pelo avermellado ou ben cunha cor que oscila entre o dourado e o acastañado. Esta é a cor ideal para traducir o castelanismo pelirrojo. No caso dos animais, o pelo rubio é ese ton acastañado vivo, tirando ao vermello, que leva a vaca rubia galega ou algúns cans das razas británicas: settler, cocker, algún golden retriever.
Roxo: Aínda que pode ser sinónimo de rubio, e polo tanto tamén podemos usalo para substituír pelirrojo, a cor roxa tamén pode definir en galego unha tonalidade de vermello máis vivo, tirando á cor laranxa e incluso o cabelo da cor do ouro.
Louro e loiro: Meu pai non chegou a roxo porque o amarelo da súa cabeleira era un dourado máis claro. Para ese ton usamos en galego louro. Esta é a forma máis axeitada para substituír o que en castelán chaman rubio. “La ciudad con más mujeres de pelo rubio de España es Sevilla”. “A cidade con máis mulleres de pelo louro de España é Sevilla”. Segundo o Dicionario da Real Academia Galega, o adxectivo louro tamén define a cor da castaña moi madura, é dicir un matiz do granate. O Estraviz diferencia louro, que en efecto define esa cor escura e brillante de loiro, que viría definir ese dourado ou castaño claro.
Castaño: Eu non herdei o loiro do meu pai; son castaño, en extinción. A cor castaña vén da cor dese froito seco tan común en Galicia, polo que nalgúns contextos podería chamarse tamén louro. Entendo a confusión, nin eu mesmo sei de que cor teño o pelo que aínda non me encaneceu.
Moreno: Neste caso, o adxectivo é igual en galego ca en castelán. No caso do pelo define a cor negra ou castaña moi escura. En canto á pel, é unha forma ampla de referirse a tons escuros.
En resumo, en galego temos catro grandes grupos de cor de pelo: loiros ou louros; roxos ou rubios; castaños e morenos. Os dous primeiros adxectivos equivalen aos castelanismos rubio, pelirrojo/pelirroxo. Este campo semántico considero que é un dos máis danados da nosa lingua. Recuperalo non é doado. Hai tempo que veño propoñendo sen ningún altofalante que a TVG debería producir unha serie infantil cuxos personaxes levasen nomes das cores de noso para impedir que se perdan.
Versión galega do Astronomical Picture Of the Day da NASA, unha das páxinas máis veteranas da web, que ofrece unha fotografía astronómica diaria acompañada dun texto escrito por un astrónomo profesional.
APOD Galego é unha das pezas da comunidade AstroGalicia, un espazo onde os astrónomos afeccionados galegos comparten os seus gustos e coñecementos con todo aquel que desexe achegarse a eles.
Esta sección está coordinada por X. Dosi Veiga, físico e divulgador científico
Explicación: Celebrando a astronomía neste Ano Internacional da Luz, a detallada imaxe desvela a espectacular galaxia activa Cygnus A en luz de todo o espectro electromagnético. Cygnus A, que incorpora datos de rayos X (azul) do Observatorio Chandra en órbita, resulta ser unha fonte prodixiosa de raios X de alta enerxía. Pero realmente é máis famosa no final da baixa enerxía do espectro electromagnético. Unha das fontes celestes máis brillantes visible para radiotelescopios a 600 millóns de anos luz de […]
FONTE: GCIENCIA. Ciencia Galega (A web da ciencia en galego)