Postal de nadal

Advertisements

GZ, unha xanela aberta ao mundo

A estudante rusa, Daria Shornikova, pasou o verán de 2009 en Galiza para aprender a nosa lingua. Neste vídeo deixou as súas impresións.

Despois de visionar o seu documental, a sensación que fica é a que está na orixe do noso pobo e que tan ben souberon expresar os intelectuais da Xeración Nós, con Castelao á cabeza, quen, nun artigo para A Nosa Terra en 1948, afirmaba que este era o principio básico do Galeguismo: “Galiza, célula de Universalidade. Antiimperialismo, antimilitarismo e federalismo internacional”.

Pois iso é o que @s galeg@s aprendemos da visión que @s de fóra nos devolven de NóS  mesm@s: Galiza é unha célula de Universalidade.