O novo director da Real Academia Española, José Manuel Blecua, afirma: “O catalán está nunha posición máis débil que o castelán”.

O xornal elPeriódico.cat publica unha entrevista co novo director da RAE, da cal quero destacar a seguinte pregunta e a resposta que dá o profesor José Manuel Blecua, director electo da RAE.

J. M. Blecua: “El català està en una posició més feble”

“No puc defensar ni atacar [la immersió lingüística], no és competència de la Real Academia”

El nou director de la RAE mira cap a internet i considera que a Catalunya es pot viure un bilingüisme sense conflicte

Pregunta: El castellà perilla a Catalunya com a vegades es denuncia?
Resposta: De cap manera està en una situació dèbil a Catalunya. És el català el que està en una posició més dèbil davant la potència del castellà i el que necessita ajuda, si veiem per exemple el nombre de mitjans de comunicació o de llibres publicats en català. Això explica per què s¿utilizen processos com la immersió lingüística.

Advertisements

GALIZA SERÁ NEOFALANTE OU NON SERÁ GALEGOFALANTE (Belén Regueira)

O coñecemento é o que nos fai libres: Só quen sabe pode escoller!

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=17854182&server=vimeo.com&show_title=0&show_byline=0&show_portrait=0&color=00adef&fullscreen=1&autoplay=0&loop=0


Belén Regueira opina isto: clica aquí!

…e ti que opinas?


O inefable INFORME PISA

Os resultados do Informe Pisa, en que o alumnado galego supera a media española, reférense ao momento en que as materias científico-técnicas se impartían en galego, contradicindo os argumentos usados pola Consellaría contra a nosa lingua.

O informe Pisa non pode ser o único método de avaliación do sistema educativo galego, pois este informe feito pola OCDE con criterios fundamentalmente uniformizadores,  non ten en conta o contexto en que se realiza a avaliación e trata por igual a estados e territorios con notábeis diferenzas en materia educativa.

Os resultados que recolle este informe sitúan a Galicia por riba da media española en comprensión lectora, competencia matemática e científica. No caso da comprensión lectora recóllese que Galicia está por riba da media de Reino Unido, Alemaña e España, entre outros estados. No caso da competencia matemática este informe sitúa a Galicia por riba de Suecia, Francia, Austria, Estados Unidos ou España.

O relevante destes datos é que o informe contradí os argumentos usados interesadamente contra a nosa lingua, pois como se pode comprobar estudar as matemáticas e as ciencias en galego non foi un obstáculo para o alumnado que colleitou uns resultados importantes, especialmente en competencia científica, ámbito en que o coñecemento do medio e as ciencias naturais veñen sendo impartidas no noso idioma desde o ano 1995.

Algo terá que ver o bon facer do profesorado galego, malia a que a inversión en educación na Galiza está moi lonxe do que dedica a OCDE.

FONTE