25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Cómpre lembrar que, segundo as Nacións Unidas, violencia contra a muller é todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, incluídas as ameazas de eses actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, tanto de se produciren na vida pública como na privada. E adicamos o 25 de novembro para denunciar especialmente esta situación en recordo do brutal asasinato, no 1960, de dúas mulleres dominicanas, as irmáns Mirabel, durante a ditadura de Trujillo.

PARA SABER MÁIS:

WIKIPEDIA

NACIÓNS UNIDAS

MULLERES EN GALICIA

VIOLENCIA DE XÉNERO

MACHISMO

ARREMECAGHONÁ!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Ollade este vídeo!

Hai premio para quen descubra o home real que se esconde detrás deste personaxe. O seu nome artístico é ARREMECAGHONÁ. Se queredes saber máis, pinchade aquí: Arremecaghona’s Produçións.

Só vos darei unha pista:

Anda polo noso centro!

ESCOITÁDEO NESTE VÍDEO E A VER SE AVERIGUADES DE QUE FALA…

Se aínda queres saber máis, escoita esta versión que o LEO i ARREMECAGHONÁ fai dunha canción do mitico grupo punk británico, THE CLASH, clicando aquí: BILINGÜISMO HARMÓNICO

Engurras

Un filme galego, Engurras, foi preseleccionado para os Óscars na categoría de animación. O filme estivo a cargo da produtora coruñesa Perro Verde Films, conta co guión de Ángel de la Cruz e música de Nani García. Consiste na adaptación cinematográfica do cómic homónimo do ilustrador Paco Roca, que trata o tema do alzheimer. Tintin, Cars 2, Chico y Rita son algúns dos traballos cos que compite.



SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: AVG

Onte celebrouse o Día da Ciencia en Galego

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamizacion Lingüística organizou dúas videoconferencias coincidindo co II Día da Ciencia en Galego.

Este ano celébrase o Ano Internacional da Química, comemorándose a concesión do premio Nobel de Química a Marie Curie en 1911. Ela foi a primeira persoa en recibir dous premios nobeis (de Física e Química) e a primeira muller que recibiu un premio Nobel, tamén foi a primeira muller que deu clases na Universidade parisina da Sorbona.

Por iso o Día  da Ciencia en Galego está adicado ao papel da muller no mundo científico e por iso réndese homenaxe a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que deron clase, que fixeron ciencia e que cambiaronn para sempre a maneira de ver o papel da muller no ámbito científico.