Unidades didácticas do Correlingua

  • Unidade Didáctica teléfonos móbeis. Cantos teléfonos teñen a opción de galego?. Unha proposta de actividade para avanzar no proceso de normalizar. Descarga
  • Unidade Didáctica A Europa das Linguas. Coñece as Linguas de Europa. Descarga
  • Unidade Didáctica sobre o CORRELINGUA. ( Educación Secundaria e Bacharelato) Coñece o Correlingua e prepárate para participar coa lingua! (2012). Descarga

O galego coa ciencia xa non ten paciencia

Estamos a recoller ideas para o Correlingua 2010. Aí queda oVídeo gañador do certame Correlingua 2019 na categoría de Secundaria e Bacharelato.

O galego coa ciencia, xa non ten paciencia
As autoras desta proposta son as alumnas e alumnos de 4º da ESO do CPR Concepción Arenal de Ourense.

CANTALINGUA 2013

Un ano máis chega o concurso musical Cantalingua, pensado para dar a coñecer entre o público máis novo a música que está a facer no noso país. A través deste concurso escóllense os grupos ou solistas que participarán nas actuacións das festas finais do Correlingua, unha marcha pola lingua que percorre 10 vilas e cidades galegas, que conta coa participación de miles de rapazas e rapazas de todos os ciclos educativos. O concurso, que gañaron Roger de Flor, Gendebeat, Zënzar ou Som do Galpóm en edicións anteriores, chega con algunha novidade relacionada co 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

FONTE: GZ MÚSICA

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: CANTALINGUA

 

A EVOLUCIÓN TRAS-CONTINENTAL DA LINGUA GALAICO-PORTUGUESA. VALENTÍN PAZ-ANDRADE, 1968.

Lingua do pobo e dos trobadores era o galego que no século XIII Dom Diniz, Rei labrador, plantador e poeta, converteu en idioma oficial do seu Reino. Daquela, Galiza e Portugal mantíñanse aínda en certa unidade de espírito.  De tan nobre orixe sobreviven realidades sociais cheas de fecundidade. As que fixeron posíbel, a despeito de diferenciacións raciais, de continentes e de hemisferios, paralelos e meridianos… que un labrador de Castroverde poida parrafear cun “facendeiro” de Rio Grande do Sul, que un mineiro de Silleda poida entenderse mao a mao cun “garimpeiro” que arrinca diamantes en Rochedo ou Corguiño (Matto Grosso); unha regateira do Berbés ou do Muro da Coruña cunha varina de Peniche ou de Porto Alegre; un intelectual luso-galaico cun “bugre” dos Campos Gerais.

O mapa da lingua de Camões e Rosalía abrangue terras de catro continentes. Atendendo ao censo dos que a usan, clasifícase no terceiro posto entre as linguas neolatinas. Despois do inglés e o castelán, é tamén a terceira das Américas. Hoxe o cómputo anda polas beiras dos cen millóns de falantes. Todos se entenden, ou pódense entender, nas mesmas voces.

Con conciencia do mal, ou sen ela, mantense aínda hoxe, envolto nun senso reverencial de reliquia, ao idioma galego. Dunha banda, polo fenómeno de marxinación, que xa leva durado máis de catro séculos. Resulta, quéirase ou non, da presión asimilista que exerce o castelán oficializando. Doutra banda, polo complexo de inferioridade, que ao redor da fala propia aquela marxinación provocou na área de nacenza. A proscrición do uso nas escolas, no culto, nas relacións administrativas, etc., tiña que carrexar ao longo termo, cando menos, esta pauliña serodia da auto-subestimación. Máxime na poboación monolingüe, que aínda hoxe chega ou pasa dos tres cuartos da total.

Temos diante de nós un “status” posicional vicioso e falaz, que algún día entrará no desxeo. Mais para conquerir tan lexítimo obxectivo, non abonda coa denuncia isolada e teórica. Cando menos se se exerce como deica agora, arrequecida nos sentimentos reivindicativos e pouco máis. (…) Mais a cousa podería mudar de vez, se fósemos homes dabondo para ligar o problema do idioma a un pensamento social moito máis que á reacción sentimental.

         Fai falla escomenzar poñendo en destaque, entre os valores que a nosa lingua conserva, a súa capacidade como “medio de comunicación”. Chegou o intre de cifrar a importancia do idioma ­─mais que na súa orixe e os seus servizos á creación literaria ou histórica­─, no censo das persoas que valéndose da ferrramenta verbal recibida no lar, poden entenderse polo ancho mundo. Ao mesmo tempo compre ter en conta a evolución previsible das magnitudes demográficas que veñen avencelladas, na comunidade lingüística, resultante dun arriscado proceso histórico.

Galiza pode progresar, sobre todo na economía, se acredita no seu idioma e tende pontes co sistema internacional que orixinou.

VALENTÍN PAZ-ANDRADE, LETRAS GALEGAS 2012.