Sentidiño

As votacións no Portal das Palabras da Real Academia Galega escolleron sentidiño como a palabra do ano en 2019, seguida de feminicidio e narcosubmarino.

Nova atopada en Nós televisión

O Consello de Europa volve cargar contra a política lingüística da Xunta por “limitar” a docencia en galego

Noticia publicada en praza.gal o 11 de decembro de 2019

Como xa fixera nos seus informes de 2012 e de 2016, o Comité de Expertos da institución para a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias censura as actuacións do Goberno galego e unha vez máis centra as críticas no que ten que ver co ensino e na caída evidente do uso da lingua no país. No seu quinto informe sobre o cumprimento da Carta no Estado español, os expertos instan as autoridades españolas e galegas a cumpriren os acordos que o Executivo central ratificou coa sinatura deste tratado internacional en 2001 e a actuar “de inmediato” en tres aspectos:

Imaxe obtida de Terra e Tempo
  • que axiña se “eliminen as limitacións á docencia en galego en todos os niveis de educación precisos”,
  • que se “modifique a Lei Orgánica do Poder Xudicial para garantir o uso da lingua nos procedementos xudiciais de pedilo unha das partes”,
  • que se “empregue o galego na Administración do Estado en Galicia”

Ademais, o Comité de Expertos reclama:

  • que se “incremente do uso do galego na prestación do servizos públicos“,
  • que se “fagan públicos os informes de avaliación dos organismos supervisores no ensino“,

O Consello de Europa advirte de que “o nivel de aplicación da Carta na Comunidade Autónoma non mellorou significativamente” desde o último seguimento. Os expertos lembran que “os últimos estudos sociolingüísticos mostran unha diminución do número de falantes” e que “a transmisión do idioma de pais a fillos xa non está garantida, polo que a proporción de alumnos con coñecemento do galego como lingua de uso cotiá tamén caeu de xeito significativo“. Datos, todos estes, certificados polas últimas estatísticas sobre o uso do idioma publicadas polo IGE

En resumo…

  • “a presenza do galego é insuficiente no ensino, especialmente a nivel preescolar”
  • no ensino secundario “non se impartan as grandes materias científicas” nesa lingua
  • a actual normativa “non permite impartir máis do 50% das materias en galego” no ensino non universitario
  • “aínda non hai posibilidade” de que o estudantado opte por ter unha educación integramente en galego “en ningún centro de preescolar, primaria ou secundaria”

REACCIÓNS AO 5º INFORME DO CONSELLO DE EUROPA: