De oficio poeta

MANUEL MARÍA

Advertisements

Que se vexa! O galego

Por segundo ano consecutivo a CTNL propón de novo Que se vexa o galego!, porque…

Queremos unha lingua viva, útil, moderna, atractiva, visible. Queremos un idioma para tod@s. E queremos que se vexa! E a celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma.

Por iso, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) propómoslles a todas as entidades que os programas, imaxe, actividades, discursos, etc., que se fagan arredor do Día das Letras Galegas teñan isto en conta, e sirvan tamén para transmitir esa imaxe de lingua viva, útil, moderna e atractiva para tod@s e en todos os ámbitos e situacións sociais. Deste xeito, propomos de novo o lema QUE SE VEXA! O GALEGO e un sinxelo logo e ofrecémolos de xeito libre para que os utilice calquera persoa ou entidade.

Ademais, gustaríanos coñecer e poder difundir todas esas actividades que se fan para darlle protagonismo ao idioma e para destacar que é unha lingua viva e rica válida para todos os ámbitos e situacións. Queremos coñecer e espallar propostas para Que se vexa! O galego

[Podes enviar información sobre actividades para Que se vexa! O galego a info@ctnl.gal]

FONTE DE INFORMACIÓN: CTNL