Reinventando o futuro

Maremagnum

telefono2 O teléfono, Tamara de Lempicka

Atención! Presentamos o novo sistema interactivo de voz en tempo real, comunmente coñecido como chamada telefónica. Trátase dunha nova forma revolucionaria de contactar cunha persoa no mesmo momento no que se efectúa a chamada. Adeus ás mensaxes ignoradas! Adeus ás notas de voz interminables! Adeus á longa agarda das respostas! Con este novo sistema, estar esperando a que alguén conteste xa é un atraso. Anímense a compralo! Co primeiro pedido terán un 50% de desconto no noso anterior invento “book“, xa un éxito no mundo enteiro.

Que pensariamos se vemos un anuncio como este? Nun primeiro momento parecería un simple chiste. Pero, no fondo, acabaría sendo un éxito. É un feito que as novas xeracións xa non chamamos. Pareza curioso ou non, o feito de non chamar nunca a ninguén por preferir utilizar outros sistemas de mensaxería, é un tema moi recorrente…

View original post 443 palabras máis

Advertisements

31 de agosto

Maremagnum

monet Impresión, sol nacente, Claude Monet

Hai un momento nas tardes de verán no que o tempo se detén. Coñécese como “a hora dourada”. É o momento no que o ceo se funde co mar até crear un único ser e só aquel barco perdido consegue, desafiante, debuxar a fronteira (entre os amantes) na súa singradura cara ao infinito. O mundo enteiro borrado nese momento. O tempo, detido. As cores mesturadas nun lenzo sen marcos esmorecen sobre o mar até desaparecer na morte máis doce. Unha morte dourada na hora dourada.

Nese momento, ela sempre deixa de facer aquilo que a mantén ocupada para ver rematar o día somerxida nunha atmosfera detida, ralentizada, deixando pasar a vida suavemente fronte os seus ollos. Durante ese momento, a area xa non queima baixo os seus pés, agora é só unha simple morea de frangullas dun sol morno que quenta o tempo e as…

View original post 104 palabras máis