A utilidade do inútil

O ano 2016, coa imposición da LOMCE, pasará á Historia como o ano en que Letras e Ciencias ficaron definitivamente separadas en aras dunha demagóxica calidade de ensino só para uns poucos, ao servizo dun progreso mal entendido que ao parecer só  pode ser acadado a través do comercio, do diñeiro, polo tanto das contas, das matemáticas, é dicir, das ciencias. Así que, as letras non serven para acumular riquezas e o tempo é demasiado precioso como para perdelo en especulacións ociosas, polo tanto as letras son asuntos menores para entreter aos que non saben de matemáticas. As letras non son útiles e todo o que non é útil desprézase.

O ano 2016 tamén é o ano da celebración do 24 centenario do nacemento de Aristóteles, para uns “o filósofo”, para outros “o científico”. Porque Aristóteles practicaba a curiosidade, que resolvía a través das disciplinas científicas e, despois, extraía as implicacións filosóficas das mesmas. Por unha parte, Aristóteles rexeitou o vacío e defendeu a finitude do universo, concepción que os partidarios actuais de certos modelos cosmolóxicos nunca poderán desprezar como fan coa infinitude do espazo de Newton. Por outra parte, Aristóteles ensinounos a percibir a causa da emoción que provoca a representación tráxica. Mesmo nos axudou a entender, coas súas reflexións ético-políticas, as tremendas consecuencias da ausencia de xustiza social.

Hoxe, a ciencia volve aos grandes interrogantes filosóficos: cal é o papel do home e da muller no entorno natural?, por exemplo. Así que volvemos a Aristóteles e a Filosofía volve á súa orixe. Pois a Humanidade segue desexando coñecer e simbolizar.
En consecuencia, unha educación que non queira ser só instrución, deberá ter como obxectivo: pensar en liberdade. A liberdade era considerada por Aristóteles como condición da realización do ser humano, polo que a condición de escravo equivalía para el a ser repudiado pola humanidade. Con el aprendeu Marx que o traballo escravizante é deshumanizador. Só cando as necesidades primarias están satisfeitas (comida, casa…) procura o ser humano o coñecemento, saber por saber, sen procurar ningún proveito material. Neste sentido a Filosofía é unha ciencia libre, pois o seu único obxectivo é ela mesma. Unha educación guiada por este principio permitirá que os individuos recuperen o espírito curioso da súa infancia arredor das humanas cousas. Nenos e nenas fanse interrogantes continuamente, pois todo o que lles rodea os sorprende. Ese é o primeiro motor da Filosofía.

FONTE: Aristóteles nos enseñó a pensar. EL PAÍS, 28/05/16

Save

A LOMCE apuntalou os seus puntos máis polémicos

Antes de ser aprobada hoxe no Parlamento, a Lei Wert apuntalou, nas enmendas aceptadas no Senado, os seus puntos máis polémicos, entre eles o referido ás linguas cooficiais, que van ser tratadas ao mesmo nivel que os idomas estranxeiros.

Estes son os aspectos que saen fortalecidos do Senado:

1. As reválidas poderán ser corrixidas por profesores/as de centros privados

2. Poderase contratar profesorado nativo en linguas estranxeiras á marxe dos sistemas de acceso á función pública española.

3. As administracións públicas poden liberar solo para entregarllo ás empresas privadas coa fin de que constrúan nel colexiós privados.

4.A lei afirma que seguirá financiando aos centros privados aínda que segreguen o alumnado por razón de sexo; a pesar de que o Tratado da Unión Europea e o Tribunal Constitucional de España estableceran o contrario.

5. Desposuído o Consello Escolar das súas funcións, asumidas estas polo director, este será avaliado polos resultados académicos do seu alumnado.

6. A pesar de que a Unión Europe obriga a que o alumnado curse a materia de VALORES SOCIAIS E ÉTICOS (antiga Educación para a Cidadanía), elimínase esta materia, mentres que se convirte a Relixión en materia académica e, polo tanto, puntuable, ao mesmo nivel que calquera da “materias de especialidade”.

7. O Ministerio asumirá a elaboración dos contidos das materias troncais, na procura de artellar unha formación común para todos os territorios de España, borrando así as diferenzas territorias e a pluralidade do Estado español.

8. Elimínase o termo “público” do texto legal: a “cidadanía” deixa de ter dereito ao “servizo público da educación” e pasa a ser o “beneficiario” dun “servizo educativo”.

9. O profesor/a pasa a ter a consideración de “autoridade pública”. Isto levará os problemas das aulas ao terreo da xustiza e resolveranse por decreto, non atallando a orixe do problema, non educando.

10. Acéptase unha emenda para que o castelán figure como lingua vehicular en todo o ensino no Estado

O novo formulado, non rebaixa en  nada oos polémicos postulados lingüísticos nos que se obrigaba á administración a garantir o ensino en español, mesmo en centros privados se fose necesario. Pola contra,  aceptouse a emenda 769 á disposición adicional 38. Esta contempla que o castelán figure como lingua vehicular do ensino en toda España. “Isto é incompatible cos modelos lingüísticos de inmersión, como o catalán. É outra volta máis no aspecto homoxeneizador da norma e nas trabas para que poidan subsistir os modelos lingüísticos de linguas cooficiais”.

A outra parte da emenda propón cambiar un dos parágrafos da norma que di que poden existir sistemas onde se impartan as materias non lingüísticas en lingua cooficial, para introducir que estes modelos poidan estar tamén dispoñibles como “modelos de inmersión en calquera lingua estranxeira”. Isto suporía que a lei consideraría ao mesmo nivel a lingua cooficial que unha lingua estranxeira. “Dá a sensación de que non se busca o ben común senón desprezar a lingua cooficial. Como se pode montar un centro de inmersión en italiano, ruso ou chinés garantindo ademais o ensino en castelán?”.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: