Que o galego non colla bozas!

iii1

O pasado 21 de febreiro, día da lingua nai, un grupo de alumn@s de 2° de Bacharelato fo IES Felix Muriel de Rianxo, preocupados polo priceso de castelanización que sofre a nisa lingua, decidiron poňer o seu grao de area para reverter ese proceso e procurar a súa dignificación, limpando o galego de castelanismos.

As ansias eran moitas. A ilusión grande. Pronto xurdiu o produto: un blogue no que cada entrada avise sobre o uso correcto ou non de palabras que empregamos habitualmente en galego, ignorando moitas veces que non son galegas, polo contra desprazaron e substituíron ás formas galegas.

Agora que se cumpre un mes desde que xurdiu a idea, xusto no Día da Poesía, xa teňen uns resultados para presentar ao mundo. Se ben, son conscientes de que este só é o inicio do camiňo, a posta en marcha dun traballo colaborativo pola lingua no que tod@s podemos participar.C

Estamos convidad@s a entrar GZT

https://galegosenbozas.wordpress.com

 

 

Advertisements

8 de marzo. Día da muller traballadora

LEANDRO LAMAS, MatruskasO Día Internacional da Muller recoñece ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían liberdade, igualdade e fraternidade marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.

En 1857, morreron queimadas nun incendio, nunha fábrica textil de Nova York, 192 mulleres que facían folga para reclamar unha xornada laboral de 10 horas. Desde entón o Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, é conmemorado cada 8 de marzo, nun primeiro momento para reclamar o sufraxio feminino e dereitos laborais para as traballadoras, posteriormente para loitar contra a guerra e, hoxe en día, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Hoxe as reivindicacións non cesan: o mundo avanza pero non para as mulleres: ablación do clítoris, desigualdade laboral, desemprego, malos tratos por parte dos seus compañeiros…

A ONU

Baixo o lema «POR UN PLANETA 50-50 EN 2030: DEAMOS O PASO PARA A IGUALDADE DE XÉNERO», o secretario xeral, Ban Ki-moo, neste 8 de marzo de 2014, sostén:

Adiquemos un financiamento sólido, un valente labor de promoción e unha férrea vontade política para acadar a igualdade de xénero en todo o mundo. Non hai ningún outro maior investimento no noso futuro común.

O 8 de marzo a ONU reflexionará sobre cómo acelerar a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible. Tamén se centrará nos novos compromisos dos gobernos baixjo a iniciativa «Deamos o paso pola igualdade de xénero» .

Algúns dos obxectivos clave da Axenda 2030:

  • Coidar de que todas as nenas e  nenos acaben os ciclos de ensino primario e secundarioa; ensino que será gratuito, equitativo e de calidade
  • Coidar de que todas as nenas e  nenos teñan acceso a servizos de atención na primeira infancia
  • Poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo
  • Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas a trata e a explotación sexual
  • Eliminar todas as prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación xenital femenina.

A Marcha Mundial das Mulleres

En 1995 a Federación de mulleres do Quebec organizou unha primeira Marcha das mulleres na que participaron 850 mulleres que marcharon durante 10 días para reivindicar  a xustiza económica. Na meta final foron acollidas por 1500 persoas. Despois deste éxito xurdiu a idea de realizar unha Marcha Mundial das Mulleres no ano 2000. O 8 de Marzo do 2000 formalizouse o lanzamento da primeira Acción internacional en Xenebra, que culminou no palacio das Nacións Unidas en Nova York. En consecuencia, a Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra las mulleres. Dende entón miles de mulleres mobilizáronse a través de accións internacionais, nacionais e rexionais,  en torno á loita pola xustiza económica, o cambio político e social e os dereitos reprodutivos das mulleres, incluíndo a despenalización do aborto.

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza reclama:

Respéctame
 as miñas diferenzas, os meus desexos, a miña sexualidade, a miña historia, a miña capacidade de decidir, de pensar, de traballar, de gozar; de decidir sobre a miña vida , a miña sexualidade, as miñas amizades, os meus estudos, o meu traballo; sen imposicións, sen malos tratos, sen discriminacións, sen violencia, sen estereotipos, sen sexismo, sen machismo,…

PARA SABER MÁIS:

RECURSOS:

LEANDRO LAMAS. Mulleres abrazadas.

ACTIVIDADES: