Bases do III Certame de narración breve Mestre Manuel Gacio

20170512_141204“1.- Poderá participar calquera mozo/a matriculado en educación Primaria ou ESO, segundo as seguintes categorías:
A: Alumnos/as de Primaria
B: Alumnos/as de Secundaria
2.- En ambas categorías a extensión máxima será de 5.000 caracteres, espazos incluídos.
3.- Os textos versarán sobre o Pico Sacro e deberán estar escritos en lingua galega, orixinais e non premiados noutros concursos.
4.- Os orixinais presentaranse en formato PDF, ODT ou DOC, en formato DIN-A4, en letra Times ou similar de corpo 12. Deben enviarse por correo electrónico ao seguinte enderezo: clmestremanuelgacio@gmail.com acompañados doutro documento onde figure a identidade do autor ou autora (Nome, enderezo, teléfono e correo electrónico) e título da obra, facendo constar no nome do documento o título da obra e a palabra PLICA. Os documentos PLICA serán custodiados pola asociación que non os dará a coñecer, preservando a identidade do autor/a ata despois da deliberación do xuri .
5.- Haberá dous premios por categoría, aínda que o xuri pode declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos textos.
Os premios serán:
Categoría A: Un ipad, para o primeiro premio.
O segundo premio un eBook.
Categoría B. Os mesmos premios que na categoría A
6.- A data límite de recepción dos textos, remata o 30 de novembro de 2018.
7.- A composición do xuri darase a coñecer na páxina da asociación mestre Manuel Gacio.
8.- A asociación Mestre Manuel Gacio resérvase o dereito de divulgación ou publicación dos textos premiados. Neste senso os autores renuncian a calquera compensación económica.
9.- O xuri e a asociación están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante algún imprevisto non recollido nas presentes bases.”

Advertisements

En Rianxo non temos pelos na lingua

Esta foi unha fin de semana ben axitada para o alumnado do IES Félix Muriel. Empezaron o xoves coa presentación do Forever in Galicia de Craig Patterson. Continuaron o venres coa presentación do seu propio cadro, A derradeira lección do mestre, en honor a Castelao; o obradoiro de booktubeiros e a presentación de A madriña, de Maica Caramés. E acabaron o sábado coa asistencia á representación de Pelos na Lingua de Talía Teatro.

Grazas, alumn@s, por colaborar na dinamización e normalización da lingua e da cultura galega!

 

Podedes desfrutar dun repaso á obra neste artigo: Sen pelos na lingua, por Irene Fernández

As formas de ler

Maremagnum

a lectora Jean-Jacques Henner, A lectora

Hai quen di que na sociedade de hoxe a xente le menos. Sexa polas novas tecnoloxías, polas redes sociais ou polos propios aparellos electrónicos, moitas persoas opinan que xa non se len libros. É evidente que a forma de ler cambiou. A era tecnolóxica é xa unha realidade e a evolución da sociedade levou consigo a evolución da lectura.

Por unha parte, as vantaxes dos novos soportes son innegables. Hoxe en día, quen non ten un teléfono con Internet, unha tablet ou calquera aparello electrónico co que poida navegar pola rede? Para acceder a textos, para conseguirmos toda a información precisa arredor dun tema concreto non temos máis que levar a man a un peto. Parece lóxico escoller a opción de levar ducias de libros nun cómodo aparelliño duns poucos gramos de peso que un só libro que ocupa máis espazo e adoita ser máis ben…

View original post 269 palabras máis