Premio Leixaprén para Sés

Sés recolleu o Premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, nomeadamente

entre a mocidade, que outorga a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL).

Agradeceuno cantando ao seu xeito, é dicir, contando, denunciando…

Eu prefiro ser merda que ouro falso, porque co ouro falso non se fai nada e, polo menos, coa merda estércase


EMIGRANTE

Vou aproveitarme deste magnífico videopoema que Edu preparou para o proxecto Na vea cívica, para despedirme de tod@s, co texto de Rosalía Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos, adiós vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos