NEOS: un simposio internacional analiza na Universidade de Vigo á “esperanza” dos neofalantes

Ler a noticia en Praza

Logotipo do proxecto de investigación NEOS © NEOS

O fenómeno do neofalantismo é estudado dende hai tempo como “crucial no presente e no futuro das linguas minorizadas”. Desta base parten os estudos do proxecto de investigación NEOS da Universidade de Vigo, que aborda O neofalante como suxeito social: o proceso de conversión lingüística en Galicia, Euskadi, Aragón e País Valenciano no marco do grupo de investigación GRADES.

A escola actúa como un axente “desgaleguizador”, destaca a RAG

Ler a noticia en Praza

Proposta de liñas de actuación

  • Os nenos e nenas procedentes de familias castelanfalantes adoitan carecer de referentes lingüísticos en galego (próximos). O estudo aposta por dotar a este sector do alumnado de referentes en lingua galega, tanto familiares coma iguais. Para o primeiro pode traballarse cos cativos e cativas na historia sociolingüística familiar de cada un/ha, o que lles permitirá atopar referentes familiares en galego nas súas propias familias; para o segundo sería interesante establecer relacións de colaboración, presenciais ou a través de medios tecnolóxicos, con outros centros educativos cun maior índice de galegofalantes.
  • Para reducir o número de nenos galegofalantes que na escola deixan de falar galego e pasan ao castelán, proponse “traballar coa conciencia metalingüística e aumentar a resistencia ao cambio deste sector do alumnado”. “É preciso traballar cos cativos cuestións como cando e onde falan galego, cando e onde falan castelán, se se trata dun cambio voluntario e involuntario e, finalmente, por que realizan eses cambios”, sinálase.
  • O estudo recolle unha predisposición lingüística positiva cara ao galego por parte do alumnado con respecto a ítems xenéricos como a validez do galego. Porén, as actitudes positivas cara a ítems concretos relacionados cos medios de comunicación ou áreas de interese dos nenos e nenas como, por exemplo, os videoxogos, redúcense ata o 50%. O informe aposta por incidir nestes ámbitos.
  • Os datos amosan que as nenas empregan máis o galego que os nenos. O informe suxire traballar o modelo lingüístico de xénero e tamén, en concreto, as razóns de por que as rapazas empregan máis o galego que os rapaces cando os datos indican que nas familias a situación é a inversa: os pais empregan máis o galego que as nais.
  • En canto ás familias apóstase por traballar con nais e pais “nunha redefinición do concepto de plurilingüismo”. “Nesta órbita cómpre tamén salientar a importancia de coñecer o galego e aprendelo desde pequenos (é dicir, o seu valor instrumental) á hora de adquirir outras linguas ao longo da vida”, destácase.

21F. Día da lingua nai.

21F19. A ONU, por primeira vez en galego: “Fuxamos da idea de que os Estados deben ter só unha lingua”. (Ler a noticia en Praza)

A beleza da diversidade lingüística está en que nos revela o enxeñosa e flexible que é a mente humana. A mente humana non inventou un universo cognitivo, senón 7000, hai 7000 linguas faladas no mundo. E podemos crear moitas máis. As linguas son cousas vivas, cousas que podemos cambiar para adaptalas ás nosas necesidades. O tráxico é que estamos perdendo moita desta diversidade lingüística continuamente. Estamos perdendo unha lingua por semana, e segundo algunha estimación, a metade das linguas do mundo desaparecerán nos próximos 100 anos. E o peor é que, agora mesmo, case todo o que sabemos sobre o cerebro e a mente humanas baséase en estudos feitos a estudantes falantes de inglés americano nas universidades. Iso exclúe a maioría da humanidade. Así que, o que sabemos da mente humana é moi restrinxido e parcial. @s falantes de linguas distintas pensan distinto. A lingua que falamos modela a forma en que pensamos. E iso lévanos a preguntar: “Por que pensamos da forma en que o facemos?” “Como poderíamos pensar diferente?” “Que pensamentos queremos crear?” 

20N19. As autonomías plurilingües piden ao vindeiro Goberno de España “cumprir” coa diversidade idiomática e premian a Guadi Galego. (Ler a noticia en Praza)

Na xuntanza anual do seu protocolo de colaboración en materia lingüística, que botou a andar en 2007, os gobernos galego, vasco, catalán, navarro, balear e valenciano pactaron a ‘Declaración de Bilbao’ dirixida ao vindeiro Goberno do Estado .

Fronteres é o segundo sinxelo de IMMERSION, unha adaptación do texto ao catalá por Pau Brugada interpretada por Guadi Galego, Clara Peya, Judit Neddermann, Vic Moliner e Pau Brugada. É o resultado dunha interacción emocionante do tema de Guadi Galego. Arranxos, produción e mestura O L I V E R A ( Pau Brugada e Vic Moliner)

Cinema galego

Cinegalicia 2019. Unha relectura de Urxa, Continental e Sempre Xonxa feita por artistas que naceron despois de 1989

Homenaxe a Sempre Xonxa

Sempre Xonxa: A vontade de construír cinema

PARA SABER MÁIS…

A orixe galega do portugués

A obra Assim nasceu uma língua, de Fernando Venâncio, recoñece por fin a orixe galega da lingua portuguesa. O seu título lembra outra obra, Assim nasceu Portugal, de Domingos Amaral, na que o reino medieval de Galicia recibía un tratamento axeitado, acorde coa realidade histórica da época.

Assim nasceu uma língua. Assi naceu ũa lingua. Sobre as origens do português (2019) do alentexano Fernando Venâncio (Mértola, 1944), profesor da Universidade de Ámsterdam, é un libro de 310 páxinas no que o autor critica severamente nel a maior parte dos lingüistas compatriotas seus por ignoraren a lingua galega na formación da portuguesa ou por manteren con ela unha actitude despectiva (rústica, atrasada…).

PARA SABER MÁIS: seguir lendo o artigo en PROLINGUA