UPyD pide no Congreso que topónimos deturpados como Vivero e Rianjo sexan legais

rianjoUnha batería de medidas concretas para acabar “coa discriminación do español” en territorios como Galiza, Catalunya ou Euskadi. Así presentou Andrés Herzog, portavoz de UpyD no Congreso, a proposición de lei orgánica que o partido maxenta quer que a Cámara baixa tramite “por vía de urxencia” para que fique aprobada antes do fin da actual lexislatura. Unha proposta na que “a recuperación do nome español dos topónimos erradicados” vai da man de peticións como que o coñecemento do galego non sexa un requisito para ser empregado público en Galiza ou que a Xunta use o castelán. Non falla tampouco, o clásico de impulsar o español no ensino fronte “á súa discriminación”.

FONTE: SERMOS GALIZA