Réquiem pola educación

Maremagnum

magritte

Tras acabar de vivir o panorama de exames deste segundo cuatrimestre do primeiro ano de xornalismo, véxome nunha batalla interna ao non entender que está pasando neste sistema educativo. En cuestión dunha semana, fixen un exame idéntico ao que se leva poñendo 10 anos consecutivos, chapei 130 listas de palabras incomprensibles para soltalas nun papel, sufrín intentando averiguar como explicar a teoría dun xeito “divertido” para poder aprobar e presenteime a un exame ao que non apareceu nin o propio profesor. Que está pasando?

Sempre quixen comezar a universidade. Estaba farta do ambiente infantil do instituto. Pero sobre todo, estaba farta da falta de profesionalidade dalgúns profesores. Entrar na facultade semellaba abrir a porta dun novo mundo, dunha dimensión moi diferente á xa coñecida. Semellaba adentrarse nunha realidade diferente, na que todo sería como debe ser, na que o alumnado tería voz, na que a educación primaría por riba de…

View original post 455 palabras máis

Advertisements

O galego mal falado

Maremagnum

castelao

Ola, son Mar e falo galego normativo.

Durante toda a miña existencia, persoas totalmente diversas, algunhas sen ningunha importancia na miña vida, outras máis esenciais que a propia respiración, identificáronme pola miña forma de falar. Sexa para ben ou para mal, o feito de que fale con total normalidade o galego normativo parece que crea certa confunsión na xente. Esta confusión desemboca nas preguntas do tipo: e ti es galeguista, ou? Galiza ceibe! E ademais de nacionalista tamén es independentista? Lanzo dende aquí unha breve resposta a todas esas cuestións que se me fixeron en relación ao tema: FALO COMO ME PETA, COMO QUERO E DÁME A GANA. Un saúdo.

Ben é sabido que a nosa lingua, sexa falada da forma que sexa, sempre foi ligada a unha serie de prexuízos que non só parecen definir a propia lingua, senón máis ben os seus falantes. Deste xeito, segundo a sociedade…

View original post 510 palabras máis

O pilla-pilla e Instagram

Maremagnum

miró3

Agora que chega o bo tempo gústame saír ao balcón e ver como vai pasando o día, como o sol gosta de estar no ceo, iluminando as margaridas que cubren a herba do parque, ou como berran os nenos xogando ás agachadas… un momento! Alto, alto! Que nenos?

Plena primavera de 2018, concretamente maio, unha tarde coma calquera outra, o parque baleiro e silencio. Que está pasando? Si, amigos, veño comunicar que a infancia morreu. Hoxe en día, non é novidade que os nenos prefiran quedar na casa vendo a tele que saír xogar á rúa. Evidentemente, hai non moitos anos, isto era impensable. De feito, a miña infancia pódese resumir en tres sinxelas frases:

– A ver, a que xogamos? Escondite ou pilla-pilla?

– Papá baixo xogar, berra polo balcón cando estea a cea!

– Tías, compráronme un patinete novo chupiguai, témolo que probar xa!

A urbanización enteira sabía…

View original post 464 palabras máis