25N. O machismo mata.

814 mulleres asasinadas desde 2003.  A violencia machista leva provocado en doce anos máis mortes que as causadas por ETA en toda a súa historia. Se se tratasen de vítimas dun atentado terrorista estaríamos en estado de guerra. Pola contra, o trato que reciben as vítimas da violencia machista é vexatorio. Fálase de que “oito de cada dez mulleres lograron deixar atrás o maltrato”, como se lograran, por exemplo, abandonar a droga; como se se tratara dun problema das vítimas e non dos seus asasinos; como se as institucións e os poderes públicos puidesen mirar para outro lado con 814 asasinatos enriba das súas mesas.

Resulta doado unha vez ao ano pendurar no pulso o lazo morado. Resulta doado invocar , unha vez ao ano, á loita contra a violencia machista. Resulta doado e moi politicamente correcto participar unha vez ao ano en calquera acto, concentración ou manifestación coa fin de erradicar a violencia machista. E o resto do ano? Onde vai esa loita os trescentos sesenta e catro días restantes?

 

A igualdade real entre homes e mulleres é o único camiño para erradicar o machismo. Esa igualdade comeza pola escola e remata no mundo laboral. Por que as mulleres seguen a cobrar un 24% menos que os homes realizando o mesmo traballo? Por que as empresas seguen a utilizar publicidade sexista para vender os seus produtos? Por que á hora de conciliar o home “axuda” pero non “comparte” as cargas familiares? Por que @s adolescentes confunden o amor coa posesión?

No IES Félix Muriel, o alumnado de 1ºde Bacharelato tratou de mostrar a súa disconformidade con esta lacra social mediante unha protesta pacífica a través da creación dun produto artístico que servise de homenaxe ás seis vítimas galegas deste ano 2015. Se ben, @s participantes non querían que o 25N fose un día só para lembrar as vítimas, senón para loitar por que non haxa vítimas.

 

25N no Félix Muriel. O machismo mata

foto prensaCon motivo da celebración do Día Internacional para a Erradicación da Violencia Machista, o alumnado de 1ºde Bacharelato do IES Félix Muriel tratou de mostrar a súa disconformidade con esta lacra social mediante unha protesta pacífica a través da creación dun produto artístico que servise de homenaxe ás vítimas, a diferenza dos actos contra os que protesta.

Un dos participantes recordounos que “este non é un día para lembrar as vítimas, senón para loitar por que non as haxa”.

Mulleres

Desde fins do séc. IX, distintas mulleres procedentes de diferentes territorios e estratos sociais ( Isabel, princesa de Aragón e raíña de Portugal; nobres francesas: a nobre Bríxida de Suecia; a cruzada galega María Balteira; a peregrina galega a Xerusalén Guncina González…) convertéronse en peregrinas, afastándose das súas comunidades de orixe en dirección aos santuarios cristiáns máis importantes: Xerusalén, Roma e Santiago de Compostela.

Esas mulleres rachan cos estereotipos da muller da Idade Media, pois fronte á imaxe da esposa submisa, ligada ao fogar, a presenza de mulleres aventureiras, que se botaron aos camiños e mesmo que desde Galicia chegaron a participar nas Cruzadas, sitúanos diante dunha visión da sociedade medieval ben distinta á que sempre se nos transmitiu.

Os trobadores galego-portugueses deron conta destas peregrinaxes nas súas cantigas, nacidas da reelaboración da “canción de muller”, que fusionaron cun motivo real e concreto, a peregrinación, creando unha nova peregrina, unha romeira, única na lírica medieval europea.
 Pero esta visión dunha muller libre, independente, aventureira… romeira, contrasta poderosamente co estereotipo, forxado na sociedade medieval e que chega aos nosos días, das mulleres como seres fisicamente fráxiles, moralmente débiles e intelectualmente incapaces, cuxo estatus social debe estar subordinado ao dos homes. Desde entón, moi especialmente a partir das cantigas de Alfonso X,  xurdiron dous modelos antagónicos de muller: Eva (parella de Adán) e Ave (Virxe María).
FONTE:

Bechos raros, nas Curtas.Gal dos xoves, na Biblioteca

O ser humano é o becho máis raro da natureza. Para demostrar esta afirmación seguiremos os pasos de tres curiosos especímenes de bechos raros: José Luis pertence á tribu urbana dos “sinistros”, Raul é un frikie dos video-xogos e Eva unha fervinte adepta á astroloxía. Os tres sofren a marxinación dunha maioría que os rechaza por ser diferentes e lles dificulta a procura de alimento, seguridade e reproducción que guía os instintos de tódolos animais. Cada un deles enfróntase á decisión de cómo vivir a súa condición de raro.

FONTE: CanleTV

BECHOS RAROS