Eu non son (Biribirlocke)

BIRIBIRLOCKE

Advertisements

ATAQUE ESCAMPE. La vita nuova


Baixo a luz da pirotecnia, con camisas dos setenta dúas sombras buscan chapas no lodo da tristeza. O técnico de son está a probar as voces de onte e de pasadomañá. Van xogar ás escopetas, séntese o playback da orquestra, business é business na lei da feira. Cariño como o noso é un castigo que se leva na alma e no intestino. Hoxe unha noite haberá como un bolero sincero que queima como o alcol, ou a voz de Nat King Cole. Aqueles ollos verdes traidores se te collen da man para ver as estrelas dun soño de verán. Acabarán na caravana, soa música italiana, vita nuova, sexo breve e os anos pasan. E o técnico de son está a enroscar os cables todos na resaca de mañá.

ATAQUE ESCAMPE

GRAZAS, MERI!

Somos acó!

Somos Acó from Filmika Galaika on Vimeo.

Documentario que denuncia o sufrimento das familias do rural galego polo desmantelamento das escolas públicas por parte da administración. Tamén amosa a esperanza e a luita destas familias para defender o rural como medio para desenvolver unha vida digna e con futuro. Este documentario foi rodado no verán de 2012 na montaña de Lugo e na cidade de Compostela froito da colaboración entre Fílmika Galaika e os diversos coleitivos afectados polas políticas desmanteladoras da administración. Dirección e Produción: Seném Outeiro e Roi Carballido. Montaxe e edición: Roi Carballido. B.S. “Que Chova” do grupo Quenpallou.

De esmorga

Os GUEZOS renden esta homenaxe á obra de Blanco Amor, A Esmorga

Guezos nace en 1999 na cidade de Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. O seu primeiro traballo aparece un ano despois en forma de maqueta, un traballo de corte tradicional con sons moi acústicos do que se chegarían a vender máis de 1.000 copias. Con esta maqueta xa na rúa Guezos lánzase ó directo. Deste xeito percorre unha boa parte da xeografía galega e entra en contacto directo con outras bandas de inquedanzas semellantes. Despois de varios cambios na formación inicial a banda grava o seu segundo traballo en 2004, “Terradentro”. Un disco máis contundente e experimental no que queda patente a súa continua procura dunha identidade propia. Este traballo abriríalle as portas en festivais de tanta sona como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, a Noite do Trasno, o Folkardente ou o Festival Folk de Vilariño, compartindo escenario con Mercedes Peón, Os Cempés, Susana Seivane, Lamatumbá, etc. O 2006 será un ano importante para a banda, que contará co apoio dun público que fará do seu tema “A das Festas” o máis votado no concurso da RTVG “A Polo Ghit”.

FONTE: A REGUEIFA PLATAFORMA

GRAZAS, IRENE!!!!!!!!!!!