Crónica dunha clase de italiano

Maremagnum

David Hockney, A Bigger Picture David Hockney, A Bigger Picture

É un xoves calquera dunha semana calquera do primeiro cuadrimestre do curso 2018-2019.

18:09 horas da tarde e a 6 minutos do comezo da clase de italiano do CLM. Entro correndo na facultade de políticas, dirección seminario 04. Correndo, coma sempre, nunha vida con présa, aínda que falten 6 minutos para comezar. 6 minutos que poden pasar nun efémero suspiro ou na espera longa dunha vida paralela na que o tempo non avanza. Nesta outra vida somérxese Cristina, a profesora, no seu descanso laboral. Obsérvoa a través da ventá do corredor que me leva á aula. Como nun mundo diferente, calmado, fronte ás présas nas que vivo eu, Cristina fuma un tempo que, para ela, non pasa. Desfrutando, lentamente, dunha calada de vida entre clase e clase (ou de morte, diría un médico).

18:12 horas e a porta xa está aberta agardando polo alumnado que…

View original post 560 palabras máis

Samaín no IES Félix Muriel

 

Aquí tedes un pequeno resumo de imaxes das alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do noso IES, que tiveron un importante protagonismo na festividade do Samaín, elaborando saborosos postres e xestionando actividades lúdicas para os seus compañeiros e compañeiras do centro.
Aproveitamos tamén esta ocasión, para EVIDENCIAR a ausencia de aplicacións cun formato previo deseñado como o que aquí se ve, que nos permitan facer na nosa lingua, presentacións tan acaídas como a do Samaín.
Xa logo vai chegar o Nadal e ímos atopar o mesmo atranco para expresarnos como os máis na nosa propia lingua. Animamos a quen corresponda, a solventar esta carencia de programas e/ou aplicacións telemáticas.

Bases do III Certame de narración breve Mestre Manuel Gacio

20170512_141204“1.- Poderá participar calquera mozo/a matriculado en educación Primaria ou ESO, segundo as seguintes categorías:
A: Alumnos/as de Primaria
B: Alumnos/as de Secundaria
2.- En ambas categorías a extensión máxima será de 5.000 caracteres, espazos incluídos.
3.- Os textos versarán sobre o Pico Sacro e deberán estar escritos en lingua galega, orixinais e non premiados noutros concursos.
4.- Os orixinais presentaranse en formato PDF, ODT ou DOC, en formato DIN-A4, en letra Times ou similar de corpo 12. Deben enviarse por correo electrónico ao seguinte enderezo: clmestremanuelgacio@gmail.com acompañados doutro documento onde figure a identidade do autor ou autora (Nome, enderezo, teléfono e correo electrónico) e título da obra, facendo constar no nome do documento o título da obra e a palabra PLICA. Os documentos PLICA serán custodiados pola asociación que non os dará a coñecer, preservando a identidade do autor/a ata despois da deliberación do xuri .
5.- Haberá dous premios por categoría, aínda que o xuri pode declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos textos.
Os premios serán:
Categoría A: Un ipad, para o primeiro premio.
O segundo premio un eBook.
Categoría B. Os mesmos premios que na categoría A
6.- A data límite de recepción dos textos, remata o 30 de novembro de 2018.
7.- A composición do xuri darase a coñecer na páxina da asociación mestre Manuel Gacio.
8.- A asociación Mestre Manuel Gacio resérvase o dereito de divulgación ou publicación dos textos premiados. Neste senso os autores renuncian a calquera compensación económica.
9.- O xuri e a asociación están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante algún imprevisto non recollido nas presentes bases.”