E há de vir o Apalpador…

Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente nin se alvisca no porvir; non é serva do tempo! A tradición é a alma eterna da Galiza, que mora no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a Historia, a tradición é a Eternidade!

A. D. R. CASTELAO

FONTE: A GENTALHA DO PICHEL


 Querido Apalpador:

Este ano, coma todos, porteime máis que ben, ti sábelo!

Non me impuxen a ninguén, simplemente deixeime levar para que me escoitaran aqueles que non me aprecian e algún/ha incluso me chegou a querer tanto que decidiu priorizarme no seu día a día, na súa vida cotiá e para sempre.

Estiven presente diante dos que me odian, debatín e non me deixei acovardar. Namorei, culturicei, ensinei…

Fixen moito polo pobo!

Levo tempo tecendo na miña cultura a miña historia, e gustaríame que fose así por moito tempo.
Por iso, este ano, pídodoche de agasallo forzas, e moitas. Quero forzas para poder repartir con aquela xente toda que me defende, que me le, que gosta de min, que me quere e me ama… Aquela que me leva subida na súa lingua día si, día tamén.

Apalpador:

dáme forzas para que non me calen!!!!!!

http://bandcamp.com/EmbeddedPlayer/v=2/album=3363453242/size=venti/bgcol=FFFFFF/linkcol=4285BB/

GRAZAS, LU!
GRAZAS, MERI!

Somos acó!

Somos Acó from Filmika Galaika on Vimeo.

Documentario que denuncia o sufrimento das familias do rural galego polo desmantelamento das escolas públicas por parte da administración. Tamén amosa a esperanza e a luita destas familias para defender o rural como medio para desenvolver unha vida digna e con futuro. Este documentario foi rodado no verán de 2012 na montaña de Lugo e na cidade de Compostela froito da colaboración entre Fílmika Galaika e os diversos coleitivos afectados polas políticas desmanteladoras da administración. Dirección e Produción: Seném Outeiro e Roi Carballido. Montaxe e edición: Roi Carballido. B.S. “Que Chova” do grupo Quenpallou.

QUEREMOS GALEGO INICIA UN NOVO CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS PARA EXIXIR A DERROGACIÓN DO DECRETO DE PLURILINGÜISMO

A plataforma Queremos Galego, que aglutina máis de 700 entidades e que está coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, anunciou hoxe un novo calendario de mobilizacións para exixir a derrogación do Decreto 79/2010 de Plurilingüismo e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento no ano 2004.

Queremos Galego xa puxo en marcha unha recollida de sinaturas a través da súa páxina web e fai un chamamento á sociedade para que participe nunha concentración diante da Xunta en  Santiago convocada para as 12:00 horas do día 12 de 2012 e  nunha manifestación nacional que sairá  doce da Alameda de Santiago o 27 de xaneiro.

Queremos Galego agarda que a mobilización do 27 de xaneiro volva ser un fito histórico e convidan á sociedade galega para que “fale o que fale” amose que o trato que se lle dá ao galego desde que Feijoo é presidente da Xunta non é o adecuado.  

O Estado pagará escola privada aos nen@s que queiran estudar só en castelán.

 O Goberno central rebenta o modelo lingüístico das comunidades bilingües. O Ministerio de Educación busca garantir que todos os alumnos do Estado poidan ser escolarizados en castelán e que as as dúas linguas oficiais nas autonomías con idioma propio sexan ofrecidas “nas distintas materias e en proporcións equilibradas”. Así o vén de adiantar a Cadena Ser, que tivo acceso ao borrador da polémica reforma educativa que prepara o ministro Wert, que xa adiantou que será aprobada “con ou sen consenso”.

Segundo a información, a nova lei educativa establece catro condicións coas que se intenta garantir nun futuro inmediato a ensinanza do español en calquera materia escolar de calquera comunidade autónoma do Estado, algo que chocaría con modelos lingüísticos como o galego, o vasco ou o catalán, así como con diversas sentenzas xudiciais e especialmente coa inmersión lingüística. Ademais, e tal e como conta a SER, e mentres o novo sistema non se asenta, se os pais que desexan unha educación íntegra en castelán non atopan un colexio público que permita esa posibilidade, o Goberno facilitaralles a escolarización nun centro privado que si o garanta e cuxos gastos serán sufragados polo Estado. Xa que logo, permitirá pagar con fondos públicos a escolarización en centros privados daqueles alumnos que queiran recibir educación en español.

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUí: PRAZA PÚBLICA