Certame arístico Cousas

Presentación

O certame conta cunha única modalidade: “cousa”. É dicir, un xénero narrativo híbrido, a medio camiño entre o relato curto e o microrrelato, con elementos dramáticos e líricos, acompañado de deseño artístico. Os requisitos para presentar os traballos son os que seguen:

As imaxes poden ser debuxos, fotografías, collages…, poden imitar ou non o estilo de Castelao, pero deberán ser orixinais. Os textos tamén serán orixinais e escritos en lingua galega. Contarán cun mínimo de 100 palabras e un máximo de 500.

As creacións poderán presentarse de dous xeitos, á escolla de cada autora ou autor:

en soporte dixital:

  • Enviarase o traballo de creación nun arquivo PDF, nomeado co título da “cousa” que presenta, a través dun correo electrónico que non permita a identificación da persoa autora.
  • Enviarase o traballo de creación do seguinte xeito: iniciarase cun título ao que seguirá o texto; que debe vir editado en fonte de letra Arial, tamaño de letra 12, espazo entre liñas 1,5. Despois seguirá o debuxo ou ilustración, que virá escaneada ou fotografada acompañando o texto.
  • Enviarase, xunto co traballo de creación, noutro arquivo adxunto, un documento cos datos da persoa autora: nome e apelidos, idade, enderezo electrónico, número de teléfono, nivel educativo que está a cursar, centro educativo en que está a estudar, localidade á que pertence, persoa docente responsable de que se presente ao certame e carimbo do instituto. Este documento será nomeado co título da “cousa” que se presenta e a palabra “datos”.
  • Enviaranse os dous arquivos adxuntos ao correo certamecousas@gmail.com sinalando no asunto: Certame “Cousas”.

en soporte papel:

  • Enviaranse 5 fotocopias do traballo de creación (non se admitirán textos escritos a man) e un documento cos datos da persoa autora (sinalados antes).
  • Enviaranse ao enderezo do instituto (Rúa María Ana Mogas, 1 C.P.:15920 Rianxo)

Participación

Poderán participar as alumnas e os alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, que estean a estudar en Galiza e non teñan cumpridos os 18 anos o 30 de xaneiro de 2025.

Premios

 Concederanse tres premios: un primeiro premio de 300€, un segundo premio de 200€ e un terceiro premio de 100€. Segundo a calidade das obras, se o xurado o considerase oportuno, os premios poden quedar desertos ou, pola contra, poderán concederse accésits. Entregarase ademais un diploma conmemorativo do evento.

Xurado

Estará constituído por catro persoas con recoñecemento profesional no ámbito das artes plásticas, da creación literaria, da docencia e/ou do ámbito xornalístico, en equilibrada proporción de xénero ou propiciando unha maior presenza de mulleres.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.